GMH/ÍNDICE A-Z

382
1339, xuño, 15. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Rodrigo Eanes e á súa muller unha casa na rúa lucense da Triparia por 30 soldos anuais de renda.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 22v.

Eno nome de Deus amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en cabidoo per campaa taniuda enno choro desa iglesia, segundo que o avemos de uso et de custume, afforamos et avervamos a vos Rodrigo Eanes, sobrino de don Fernan de Deus, chantres de Lugo, et a vosa muller Lionor Rodrigues, por en todos vosos dias d’anbos et dous, huna nosa casa que he enna rua da Triparia, sub a capella de Santiago, con suas dereyturas et pertenenças, enna qual casa suya morar Lopo Affonso, sobrino do juyz, don Johan Beçerra, que foy. A qual casa vos avervamos a a tal raçon, conven a saber que avedes a parar ben et enderençar a dita casa por vosa custa et manteella en boo estado, et avedes nos a dar cada anno en renda por la dita casa, trinta soldos desta moeda del rey don Affonso, que façen quatro dineyros novees tres soldos, ou a vallia delles se a dita moeda creçer ou mingoar. Et pagar cada anno estes XXXta soldos en paz et en salvo enna villa de Lugo por dia de San Johan Bautista, a o que recadar os aniversarios da iglesia de Lugo, et prometemos de vos non coller a dita casa.

Et eu Rodrigo Eanes sobredito, que estou presente por min et en nome da dita mina muler, Lionor Rodrigues, asy reçebo de vos, o sobredito cabidoo, o vervo et foro da dita casa, et obligo meus bees para vos pagar cada anno os ditos trinta soldos, et comprir as cousas sobreditas. Et de mays para vos pagar cada anno os dito XXXta soldos a o praço sobredito, douvos por fiador a don Fernan de Deus, chantres de Lugo, el presente et outorgante seus bees a a dita fiadoria.

Et por que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Roy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra, huna carta que posese no livro do cabidoo et outra que dese a vos o dito Rodrigo Eanes.

Que foron feytas en Lugo, enno choro da dita iglesia, quinçe dias de junyo, era de mill et treçentos et seteenta et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Dias, archidiago de Sarrea; don Aras Pellaes, thesoreyro; Johan Fernandes, coengo; Affonso Eanes et Pedro Fernandes, coengos d’aniversario; Domingo Eanes et Lopo Peres, omes do dito thesoreyro ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo sobredito dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en mina presença fiz escrivir en este livro do cabidoo et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.