GMH/ÍNDICE A-Z

606
1354, setembro, 23. Lugo

Tareixa Pais e o seu marido véndenlle ao bispo de Lugo dous casais de herdade nas freguesías de San Miguel de Orbazai e Santa María de Adai por 2000 marabedís. Deseguido, o bispo outórgalles os devanditos casais a eles e a un fillo.

MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 51r.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Tereyia Pellaes de Lugo, muller de Gonçalo Peres d’Aguiar, con outorgamento do dito meu marido, que esta presente et outorgante, de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores, por la gracia de Deus, obispo de Lugo, dous meus cassares de herdade que eu aio en Orvaçae, sub signos de Sant Miguel de Orvaçae et de Santa Maria de Adae, dos quaes casares hun deles he en Tavoelle et en Vilar, et o outro en Orvaçae con todas suas dereyturas et pertenenças, casas, arvores et formaes, a monte et a fonte, per ut quer que vaan, segundo que os eu trago et possuyo por min et por meus lavradores, et reçebo de vos en preço por esta vençon dous mill moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey don Affonso que ora corre, de que me outorgo por entraga et ben pagada, et renunçio a exçepçon do aver non contado nen reçebudo, que non posa diser nen allegar por min nen por outren, en juyso nen fora del, que do voso iur non foros pagados et contados en dineyros feytos a o meu iur et de meu poder en presença de notario et das testemoyas subscriptas; et obligo min et todos meus bees, movilles et rayses, de vos faser senpre esta vençon de pas, des oie mays este dia avedea senpre en pas vos et toda vosa vos pus vos todo meu sennorio et poderio ende seia sacado et removudo de min et posto en vos.

Et nos, o dito sennor obispo, assy o reçebemos et vos, os ditos Gonçalvo Peres et Tereyia Pellaes, avedes de aver et levar et posuyr as herdades et cassas dos ditos casares et os novos deles por en toda vosa vida de anbos et de cada hun de vos, et de hun vosso fillo ou filla se o por la ventura ouverdes de consuu, et a morte de vos anbos et de cada hun de vos et do dito voso fillo, se o ouverdes, que nos fiquen os ditos casares et herdades livres et quitos et desenbargados con todos los boos paramentos que y foren feytos, et con todos los provos de gaados que y andaren, et se vos en esta [...] annos no quiserdes dar et pagar estos ditos dous mill maravedis, que vos nos damos, que nos ou nossa vos que vos los reçebamos et vos demos et desenbarguemos estes ditos casares et herdades segundo que nos los vos vendedes. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Fernan Aras, notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta.

Que fuy feyta en Lugo viinte et tres dias de setembre, era de mill et tresentos et noveenta et dous annos.

Testemoyas: Fernan Dias d’Aguiar; Ruy Gonçalves, notario de Lugo; Iohan Garçia Escança, Iohan de Quyroga, Garcia Lopes, camareiros do dito sennor obispo, ts.

Et eu Fernan Aras, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse mismo lugar, a esto en commo sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et por mandado das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge en ela meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.