GMH/ÍNDICE A-Z

931
1416, agosto, 21. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Xoán Álvarez, á súa muller e a unha voz o lugar e casal de Santa Mariña en Cervantes, freguesía de San Xoán de Vilaspasantes, por renda anual de dez marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 117 v.

Sabean quantos esta carta de aforamento virem como nos o dean et persoas et coengos et benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, con Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo et rendeyro prinçipal dos aniverssarios da dita iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, avendo primeyramente noso consello et deliveraçon, et veendo et entendendo que he noso proveyto et de nosos suçesores, damos aforo et avervo a vos Juan Alvares de Saludes et a Tereia Afonso d’Aguiar, vosa muller, et a outra persoa qual o postrimeyro de vos nomear en vida ou a tempo de seu finamento, o noso lugar et cassar de Santa Marina, que he dos ditos aniverssarios, o quel he en terra de Cervantes sub signo de San Juan de Vilaespassante; o qual dito lugar et cassal vos aforamos, segundo dito he, con todas suas herdades et cassas et arvores et formaes et montes et prados et pascos et entradas et seydas et iures et dereyturas et pertenenças onde quer que lle perteescan et a os ditos aniversarios, a a tal pleito et condiçon que vos lavredes ou façades lavrar et parar ben as herdades do dito lugar et cassal, et as tenades lavradas et çarradas et ben reparadas, et façades as cassas del et as tenades feytas et cubertas et en boo paramento; et dedes et paguedes de foro et penson a dita iglesia de Lugo en cada hun ano, et a aquel que for moordomo et destribuydor dos ditos aniversarios, dez maravedis de moneda vella et de longos, et que os paguedes en cada hun ano en paz et en salvo en a çiudade de Lugo por dia de San Juan Baptista, et a finamento da postrimeyra persoa que suçeder que as herdades do dito lugar fiquen ben lavradas et as cassas feytas et cubertas et reparadas a a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela, cuias son, con todos boos paramentos que en elles foren feytos. Et outrosy que a postrimeyra persoa que suçeder en o dito foro seia tiuda et obligada de o viir reçeber do dito cabidoo do dia que asy for nomeada por persoa ata triinta dias primeyros seguentes sub pena de perder o dito foro.

Et eu, o dito Juan Alvares de Saludes, que presente estou por min et por la dita mina muller et persoa asy reçebo o dito foro de vos, o dito dean, et perssoas et benefiçiados da dita iglesia por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus bees et da dita mina muller et persoa de o comprirmos et pagarmos et atendermos segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, o dito dean, et cabidoo con outorgamento do dito Lopo Ferrnandes asy vo lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso scripto que fezese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor, huna para nos o dito cabidoo et outra para vos o dito Juan Alvares et vosa muller et persoa, et as signase de seu signal, et por mayor firmidoe mandamos seelar a carta de vos, o dito Juan Alvares, con seelo do dito cabidoo.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo, viinte et hun dias do mes de agosto, ano do nasçemento de noso Salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et seys anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Juan Martines, dean de Lugo; et don Afonso Lopes, chantre de Lugo; et Lopo Diaz, mestrescola; et Rodrigo Afonso, juys; Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro; Juan Diaz; Nuno Gomes, coengos; Affonso Rodrigues, Pedro Ferrnandes, raçoeyros, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarey, notario publico da çiudade de Lugo por lo senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo)

Pedro Fernandes, notario.