GMH/ÍNDICE A-Z

110
1311, abril, 22
Miguel Pérez véndelles a García Fernández e a súa muller unha leira en Agravao, Santa María de Alta, por 80 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 B/13, perg. orix., galego, gótica cursiva, 155x136 mm.

En nome de Deus amen. Eu Miguell Perez, dito Manchon, de Santa Maria Alta, de bon coraçon et de boa voontade, vendo a vos Garçia Fernandes de Matello et a vossa muller Aldara Eanes, huna leyra que iaç en Agravao, a qual leyra se parte con outra que foy de Domingo Perez, yrmao de min o dito Miguell Perez, et iaç cabo d'outra leyra de vos o dito Garçia Ferrnandes, et fer de testa na carreyra que vay de Marcae para eglesia, sub signo de Santa Maria Alta. Et reçebo de vos por esta vençon en preço, oyteenta soldos desta moneda del rey don Fernando, a quatro dineiros noves por tres soldos, de que me outorgo por bem pagado et entrego, et obligo por min et por todos meus bees a façer esta vençon de paz, des oie mays avedea en paz vos et quen veer en vosa vos pus vos, todo meu senorio et poderio removudo.

Feyta a carta de vençon XXII dias de abril, era de mill et CCC et XLª et nove anos en tempo de rey don Fernando, bispo en Lugo don frey Iohan, mayordomo Gomez Fernandez.

Et eu sobredito vendedor esta carta outorgo et confirmo.

Testemoyas que presentes foron: Fernan Lopez de Adae; Françisco Guillelmez, clerigo; Fernan Perez, escudeyro, ts.; Fernan Iacome [que notey], ts., et outros.

Et eu Pedro Iacome, publico notario de Lugo, presente fuy et fige notar et escrivir esta carta et puge en ela meu signal.(+).