GMH/ÍNDICE A-Z

95
1310, febreiro, 25
Urraca Pais e Xoán Arias véndenlle ao bispo de Lugo herdades en Francos e Os Currais, freguesía de San Salvador de Martín, por 400 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 B/11, perg. orix., galego, gótica cursiva, 155x180 mm.

Era de mill et CCC et XLªVIIIº annos, XXV dias de febreyro. Conuçuda cousa seia a quantos esta carta virem, commo nos Orraca Pelaes, et Iohan Aras et minna muller Moor Martines, todos tres en senbra por nos et por toda nossa voz vendemos a vos don frey Iohan, po-la gracia de Deus bispo de Lugo, todos los herdamentos que nos compramos con Martin Iohannes a Martin Peres en vos de sua madre Orraca Marquessa, en Francos et nos Curraes, sub signo de San Salvador de Martin, con suas casas et [...] con todos seus iures, pertenenças et dereyturas, segundo reconta en una carta feyta por Iohan Peres, notario da terra de Pallares, porque llos nos compramos, a qual logo metemos en vosso poder por que possades entrar a possisson dellas. Et reçebemos de vos en preço por elles, que a nos ben plougo, conven a saber quatroçentos soldos desta moneda del rey don Fernando que ora corre de que nos somos ben pagados; et outorgamos de vo-los aser sempre de pas por nos et por todos nossos bees gaanados et por gaanar. Et que esto non venna en dulta rogamos a Aras Martines, notario publico [...] et enno bispado de Lugo, que nos fesesse ende esta carta en testemoyo de verdade.

Testemoyas que presentes foron: don Iohan Eanes, thesoreyro de Lugo; Rodrigo Alvares, coengo desse lugar; Fernan Alvarez, raçoeyro; Gomes Alvares, Aras Pelaes capellan do bispo; Aras Peres et Fernan Fernandes dito Conde, et outros muytos.

Et eu Aras Martines, notario sobredito, presente fuy et esta carta por mina mao propia escrivi a rogo dos sobreditos Orraca Pelaes, Iohan Aras et Moor Martines, et puge y meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade.

SIGNO