GMH/ÍNDICE A-Z

252
1441, marzo, 19
requirimento

O cabido requírelle a María Ares que labre ben unhas herdades que ten en Noalla.

ACOu, Escrituras XIV, 20

Connuçuda cousa seia a todos que en presença de min Pero Lourenço notario publico d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar e das testemuyas adeante escriptas, Lopo Sanches procurador do dean e cabidoo da igleia d’Ourense, disso frontando a Maria Ares filla d’Ares Anes da rua Nova e moller de Johan Feigoo que ela tiiña en Noalla herdades que eran foreiras ao dicto cabidoo, as quaes disia que pereçeran por mingua de lavor e de boon paramento, et por esta rason o dicto cabidoo que perdera moyto do seu dereito, et por ende disso e frontou aa dicta Maria Ares e aamoostoa pela primeira, sigunda e terçeyra vegada que reparasse e recobrasse as dictas herdades en boon paramento e pagasse ao dicto cabidoo os seus foros e seus dereitos que delas devyan a aver do tenpo que as non lavrara a aco. Et se o assy fazer non quissesse que o dicto cabidoo reçeberia as dictas herdades e faria delas toda sua voentade, protestando que salvo ficasse ao dicto cabidoo para demandar aa dicta Maria Ares as novydades que perderan da dicta vina pela mingua da dicta Maria Ares. Et a dicta Maria Ares disso que ela lavrava as dictas herdades quanto podia. Et desto en commo passou o dicto Lopo Sanches pedío a min notario huun estromento. Et eu deylle ende este, que foy feyto en Ourense, xix dias de março, era de mill e ccclxxixº annos. Testemuyas Gonçalvo do Mato notario, Johan Perez mercador, Johan Anes çapateiro.

Et eu Pero Lourenço notario sobre dicto que a esto todo que sobre dicto he presente foy e o escrivy e nomme e meu signal y puge em testemuyo de verdade que tal é.

(sinal)

v mor.

[reverso] Frontas que frontaron ...