GMH/ÍNDICE A-Z

353
1361, xuño, 12
aluguer

O bispo e o cabido arréndanlles a Lourenzo Bocón e á súa muller, María Fernández, moradores na rúa do Pumar, polo tempo que el queira, unha casa na rúa do Pumar por 6 libras.

ACOu, Escrituras XVI, 16

Sabeam quantos esta carta virem que nos Beltran Beltranes deam e vigario geeral do onrrado padre e señor dom Johan pela graça de deus bispo d’Ourense e Lourenço Rodrigues deam e Johan Peres thesoureyro e Mosse Estevon e dom Lourenço e Nicolao Simon e Affonso Peres e Estevoon Peres coengos de Ourense por sy e em nome dos outros do cabidoo d’Ourense alugarom a Lourenço Bocon morador em Ourense enna rua do Pumar e a sua moller Maria Fernandes huna casa que o dito cabidoo á enna dita rua do Pumar, a qual está entre o çeleyro que foy de mestre Johan de Sorveyra coengo que foy d’Ourense da huna parte et da outra as casas en que mora Johan Corço e ten as portas enna dita rua publica, por em todo aquel tenpo que os ditos Lourenço Bocon e a dita sa moller as quiserem teer alugadas e mays non, por condiçon que os ditos Lourenço Bocon e a dita sa moller que dem eno dito tenpo cada anno em salvo e em pas e sem outra contenda seys libras de diñeiros brancos desta moeda que oora corre de que contan xl par de diñeiros novees por tres libras e que os pagen enno dito tenpo de cada anno aos terços do anno sigundo que he costume de pagaren en Ourense os alugueiros das casas do dito cabidoo a este cabidoo. Pero que he posto que se as ditas casas ouver mester alguun adubeyro para se a dita casa reparar, que o dito cabidoo que o mande fazer por sa custa, e nonno querendo o dito cabidoo assy fazer que se adube do que ouver mester porlos alugueiros da dita casa. Et des que os ditos Lourenço Bocon nen a dita sa moller non quiserem teer a dita casa nen pagar dela o dito alugueiro que a dita casa fique livre e desenbargada ao dito cabidoo com sas boas paranças. Et desto as ditas partes mandaron faser senllas cartas em huun tenor. Feyta a carta em Ourense, doze dias de juyo, era de mill e tresentos e noveenta e nove annos. Testimuyas Martin Estevees, Gonçalvo Sequeyros, Johan de Santa Mariña omes de Lourenço Rodrigues deam d’Ourense, Alvar Sanches escudeiro do bispo, Affonso Eanes escudeiro de Meen Suares, Pero Fernandes e Domingo Fernandes omes do dito Meen Suares e outros moytos.

Et eu Lourenço Eanes notario publico en Ourense porlo bispo e igleia desse lugar que a esto presente fuy e ho escrivi e meu sinal y puge em testimuyo de verdade que tal he.

(sinal)