GMH/ÍNDICE A-Z

D103
1459, abril, 17
Ares de Monterroso solicita ao Concello que defenda os seus dereitos de posesión sobre un oliveiral e viña recibida en dote da súa muller, fronte ao despoxo por parte do Cabido. (fol. 32v)

Ares de Monterroso.

A XVII de abril, en Ourense enna Praça do Canpo, audiençia da terça, ante os ditos alcalldes, paresçeu ante elles Ares de Monterroso o moço et diso que pedia aos ditos alcalldes que por rason que el tina huna (le)* oulivar con sua viña que esta a Fonte do Bispo et que lle dera en casamento con sua moller que deus aja et agora o cabido lla reçebera non teendo dereito a ello, que lles pedia que o defendesen a dereito con sua posison fasta que seja oydo por dereito, senon que protestava etç. Et diseron os ditos alcalldes que mostrase o dereito que a ella tina et como estava en posison et que eran prestes de faser aquello que con dereito devesen. Tests. Pero Fernandes notario, Afonso Fernandes, Joan de Meijonfrio, Lopo de Bueiros, Gomes de Ribadiso. (fol. 32v)