GMH/ÍNDICE A-Z

1158
1464, abril, 20. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Fernando Soutelo e a tres voces unha casa e horta en Lugo, freguesía de Santiago, por renda anual de quince marabedís e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 27 r.
   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de campaa tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos della, avido primeyramente noso acordo et madura deliberaçon entendendo que fazemos noso proveyto et de nosos suçessores, aforamos et damos en foro a vos Fernando Soutelo, vesino desta ciudade de Lugo, que estades presente, por en toda vosa vida et de outras persoas depois de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento et outra qual nomear aquella persona que por vos for nomeada, et non seendo nomeada persona que seia persona do dito foro quen herdar vosos beens ou a mayor parte delles, et asi da outra persona, huna nosa casa, que perteesçe a os aniversarios da dita iglesia, con sua orta et saydo a qual he sita et locada en esta dita ciudade sub o signo da Capella de Santiago, et topa en a rua publica de testada da huna parte et da outra parte topa en a parede do Moesteyro de San Françisco, et esta de illarga da huna parte cabo a parede da orta do dito Moesteyro, et da outra parte esta junta con a casa en que morou Alvaro de Ousan. A qual casa vos aforamos et damos en foro, segundo dito he, con todas suas saydas et entradas et jures et pertinenças que ella ha et lle perteesçe aver, segundo ella a nos perteesçe et a os ditos aniversarios, a tal pleyto et condiçon que vos et as ditas persoas despois de vos tenades a dita casa levantada, cuberta et portada et en bon paramento, et a finamento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro, que a dita casa fique libre et desenbargada a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçessores et a os ditos aniversarios con todos los boos paramentos que en ela foren feytos; et dedes de foro della, en cada hun ano, vos et as ditas persoas quinse maravedis de longos por dia de San Martino de novembre a nos, ou a noso rendeyro ou colledor dos ditos aniversarios, en a moeda que se pagaren as outras rendas dos ditos aniversarios, et de mays que de aqui ata dous anos primeyros siguentes façades hun poço en a orta da dita casa, sub pena que se o asi non fezerdes pergades o dito foro, et demays que non possades nomear por persona do dito foro a ninguna persona que seia salvo a algun voso fillo ou filla que vos teedes et ouvestes con vosa muller que foy, Maria Lopes, se os y ouver. Et demays que aquella persona que por vos for nomeada por persona do dito foro, ou por aquella persoa que vos nomeardes, do dia que suçeder por foreyra do dito foro ata trinta dias logo siguentes nos vena mostrar et insinuar como he et ficou foreyra do dito foro, sub pena que se o asi non fezer por esse mesmo feyto pergan o dito foro.

Et eu, o dito Fernan de Soutelo, que presente estou asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por los modos, maneyras et condiçoes susoditas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de conplir, pagar et atender todo asi segundo en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello faser duas cartas de foro, ambas en hun tenor, por lo notario juso escripto huna para vos, o dito Fernan de Soutelo, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores, et por mayor firmeza mandamos seelar con noso seelo pendente a carta de vos, o dito Fernan de Soutelo.

Que foy feyta et outorgada en a dita ciudade de Lugo dentro en a dita iglesia et en o lugar sobredito, dia esta feyra, viinte dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et quatro anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre da dita iglesia; Gonçalvo Rodrigues de Eemil, arçediano de Triacastela; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Gomes Vasques, Johan Vidal, Johan Ares, Diego Fernandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Johan Ares et Rodrigo Afonso, coengos, et Ruy Lopes de Teyxeyro, clerigo do choro da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro por mina mao propia escrivi et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal, rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.