GMH/ÍNDICE A-Z

1282
1478, setembro, 23. Lugo
O arcediago de Dozón, trala vacante producida, nomea o novo clérigo da igrexa parroquial de San Pedro de Soñar, Lopo García, a quen os fregueses lle deberán entrega-los dezmos, froitos e rendas correspondentes.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 58 r.

De min Gomes Garçia de Goyoso arçediano de Deçon en a iglesia de Lugo, capelan de noso senor el Rey et administrador da admistraçon dos coutos de Lugo por lo cabilldo da dita iglesia de Lugo, a todos los flegreses et parrochianos de toda a parrochial iglesia de San Pedro de Sonar, sita en os ditos coutos de Lugo, saude en Deus. Fagovos saber que esa dita iglesia con cura vacou et esta vaca por pura et sinple renunçiaçion que dela feso Françisco de Salamanca, clerigo que dela foy, ou en outra qualquer maneyra que este vaca, da qual colaçion et provison perteesçe a min por la dita admistraçon, por ende a a presentaçion del reverendo senor don Afonso Enrriques, Obispo de Lugo, padron in solidum que es de apresentar a dita iglesia en nombre de sua mesa obispal cada que aconteçe vacar, et en tal posison han estado seus anteçesores et el esta, fige por lo tenor da presente fago titolo, colaçion, promison et canonica instituiçion de toda a dita iglesia con cura de San Pedro de Sonar et rectoria dela, et Lopo Garçia, clerigo de misa, fillo ligitimo de Estebo de Ieesto, o qual dito Lopo Garçia, clerigo, jurou en minas maaos en un sinal de crus, en lugar dos santos evangelios, que tevese et guardase esta presente letera de titolo et colaçion en seu poder, ou de seu padre, ou de outra persona eclisiastica seu amigo fiel, et que non partise os frutos et rendas da dita iglesia con persona leyga alguna por via de el seer coroça, nin fesese con ela colaçion nin outra yliçita pauçion por cabsa dela, et que terria et guardaria as constituiçoes et ordenanças da dita iglesia de Lugo, et que senpre fose obediente et fiel a o dito senor Obispo et seus suçesores et a min et a os outros administradores que despois de min viesen, et que faria reseidençia personal en o dito benefiçio, segund de dereyto era obligado, cada et quando que por min et por meus suçesores lle fose mandado. Por ende vos digo et mando a todos et a cada uuns de vos asi omes como mulleres, moradores et provadores en a dita fligresia de San Pedro de Sonar, en virtud desta obedençia et su pena d’escomonion, et vos amoesto primeyro, segundo, terçeiro dandovos et asignandovos un dia por cada amostaçion et termino perentorio, asi que do dia que vos esta mina carta de titollo et colaçon for mostrada, liuda, provada et por ela fordes requeridos fasta tres dias primeyros segentes et dende endeante aiades et reçebades por voso clerigo cureiro de toda esta dia iglesia de San Pedro de Sonar a o dito Lopo Garçia, clerigo, et non a outro alguno, et lle recudades et fagades recudyr con todos los disimos, frutos et rentas et outras quaesquer dereyturas a ela devidas et perteesçentes ben et conplidamiente em guisa que lle non mingue cousa alguna, segund que mellor et mays conplidamente recudistes et respondestes et deverades recudir a o dito Françisco de Salamanca et a os outros seus anteçesores, clerigos que dela foron. Et su a dita pena d’escomonyo mando a qualquer clerigo da dita administraçion que con esta letera de titolo for requerido que vaa con o dito Lopo Garçia, clerigo, et ho pona et apodere en a posison corporal, real, abtual [...] da dita iglesia por los libros, cales et vestimentas et outros ornamientos dela con capa tangida, segund custume da dita admistraçon. Et os unos nin os outros non fagades ende al se non [...] o dito termino endiante feytas as ditas amostraçoes en estes presente escriptos et por eles [...] premissa pono en vos et en quaesquer de vos que delo feserdes o contrario sentença d’escomonyon por mina intençion que se o dito Lopo Garçia, clerigo, a o tempo da presente colaçion, ou por dous meses antes o despois, foy ou he ou for publico concubinato enton que por ese mesmo feyto esta presente colaçion et titulo sea en sy ninguna et de ningun valor. En fe do qual lle dy delo esta presente letera de titulo et recudimiento firmada de meu nome et seelada con meu seelo et signada do notario juso escripto.

Dada en a çibdade de Lugo, a veynte et tres dias do mes de setembre, do ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et setenta et oyto anos.

Testimoyas que foron presentes: Vaasco de Vaamonde, allcalde ordenario da dita çibdad, et Rui Lopes do Canpo, regidor, et Gonçalvo de Silvarrey, notario, et outros.

Et eu Pedro de Riba de Neyra, escrivano del Rey noso senor et seu notario publico en a sua Corte et en todos los seus regnos et senorios, a esto que dito he en uno con os ditos testigos presente foy, et este titolo et colaçion arriba escripto, segundo que por ante min pasou, por outro en mina presençia fis escripvir et aqui en el a rogo et pedimiento del procurador del cabilldo de la iglesia de Lugo puje meu nome et signo acostumado en testimonio de verdade rogado et requerido.

Pedro de Riba de Neyra.