GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

110
1434, novembro, 1

Pero de Montes, natural do mosteiro de Santa Maria de Acibeiro, perdoa á súa muller Teresa de Montes por ter abandonado o domicilio familiar e cometer adulterio, a condición que volte con el antes do próximo mes de abril.

(ff. 54-54 v)

O primeiro dia do mes de novembro. Sabean todos que eu Pero de Montes, natural do moesteiro de Santa Maria d´Asiveiro que soo presente, quero et outorgo que por quanto vos Tareija de Montes mĩa moller, filla de Juan Branco et de Moor Gomes sua moller, que sodes absente, vos absentastes de mĩa casa et poder sen meu mandado et liçençia a outra parte a donde vos quisestes, por lo qual vos non queredes tornar a mia casa et poder, nen eso mesmo non ousades de andar seguramente por la terra donde sodes natural, nen paresçer ante mĩ nen lugar donde eu de vos aja notiçia et parte et vos posa costrenjer por rigor de dereito, reçeando vos que por lo dito absentamento que asy fezestes que eu vos queira demandar et acusar por rason que avedes cometido pecado de adulterio; por ende eu o dito Pero de Montes que asi soo presente, non costrengudo por força nen por engano rescebido, mas de mĩa livre et propia voontade et por lo amor de Deus, perdoo a vos a dita de Montes mĩa moller, que sodes absente asi como se fosedes presente, todo erro et mal et dano et interese que eu resçebese et ouvese por rason do dito absentamento que asi fezestes, et eso mesmo todo pecado de adulterio que vos fezesedes et cometesedes et fezestes et cometestes des lo tenpo que sodes mĩa moller et comigo casastes ata este presente dia et que fezerdes et cometerdes, o que Deus non queira, desde oje que esta carta he feita ata o primeiro dia do mes de abril primeiro que ven, que seera en este ano primeiro que verra de mill et quatroçentos et trinta et cinco anos, et qualquer copulçon que fezesedes ou fezestes ou feserdes ata o dito dia con qualquer persona en meu perjuiso. Et para esto asi seer mas firme, vos a dita Tareija de Montes ata o dito primeiro dia de abril avedes de vĩir aa iglesia de San Migell de Carvalleda, et desde que ende fordes fasermo a saber para que vos et eu falemos en hũu seguramente et conçertandonos para que en hũun façamos nosa vivenda, asi como por Deus et por dereito somos obligados de nos faser maridança segundo que manda Deus et Santa Iglesia, et non nos //

(roto de 6-7 liñas no comezo do folio)

et eu como dito he de boo (roto) vos perdoo et dou por livre et quita, para qui et por ante Deus, de todo mal, dano, pecado et copulaçon et adulterio que vos cometestes et fezestes et cometerdes et feserdes en meu perjuiso ata o dito primeiro dia de abril, et prometo et outorgo aa boa fe de Deus et sen mao engãno et por juramento que ende faço en este sinal de crus en lugar de santos avangeos, que eu que vos lo teña et conpra et agarde asi, et que en publico nen en scondido vos non beña nen pase, por min nen por outro, contra elo nen contra parte delo, et demais concertandonos ẽna dita vivenda que, sen enbargo do sobre dito, vos faça maridança do corpo et do aver ben et lealmente asi como marido a moller et por la via et forma que manda Deus et Santa Iglesia, et non no teendo et conprindo en todo asi et yndo et pasando contra elo, que eu seja enfames et fe perjuro, et me costamio (?) de non ser de tal pecado asolto salvo por noso señor o papa; et demais que eu de et page por pena en nome de interese a vos a dita Maria de Montes dosentos froliins de ouro do cuño de Aragon, et apena pagada ou non que senpre este contrabto este firme, sobre lo qual renunçio as leis do dereito, dolo, engano, medo, força, endusimento et a todas las outras et dereitos canonicos et cevils et impereaas et reaas de que me eu ou outro por min pudeiramos ajudar para contra esto que dito he vĩir, que quero et outorgo que me non vallan nen sejamos sobrelo nen sobre parte delo oydos nen resçebidos en juiso nen fora del; et por que esto seja çerto outorgey ende este contrabto de perdon ante o notario et testemoyas de juso scriptas. Que foi outorgado na villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobre ditos. Testemoyas que foron presentes, Afonso Soares caldeirerio morador ẽna dita villa et Garçia Corto et Gomes Ares moradores en Ribadavia et Gil Martines clerigo de San Justo d´Avion et outros.