GMH/ÍNDICE A-Z

550
1349, decembro, 24. Lugo
O bispo fai saber a todos os clérigos e capeláns da cidade e bispado de Lugo que Pedro Afonso do Campo foi absolto da excomuñón.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 76r, traslado polo notario Fernando Pérez a petición do tesoureiro.

Don frey Pedro Lopes da orden dos preygadores, por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et conffesor do moy noble infante don Pedro, a todos los clerigos et cappellaes da çibdade et do bispado de Lugo a que esta carta for mostrada, et a cada hun de vos, saude et ben.

Fasemos-vos a saber que nos posemos sentença d’escomonyon en Pedro Afoso do Campo, fillo d’Afonso Eanes de Negral que foy, por rason de nove onças de inçenço que el devia et era teudo de pagar a a iglesia de Lugo, de cada anno, per u agro que esta fora da villa, a a Porta Minaa, indo para Avoyn, et mandamos a vos et a cada hun de vos que o denunçiasedes por escomungado ata que pagasse o dito inçenço et veese estar a mandamento de Santa iglesia. Et ora o dito Pedro Afonso veo a nos et confessou et disso que devia o dito inçenço et o avia de pagar, cada anno, por lo dito agro, et ofreçeuse de pagar \de/ cada anno commo dito he, tan ben deste anno pasado, que o devia, commo d’aqui endeante cada anno, por dia de Çena Domini, ou por dia de Pascoa, et pidiu-nos que o soltasemos da dita escomonyon et mandasemos a vos et a cada hun de vos que o ouvesedes por asolto. Et nos vista a sua obidiençia et a conffesson que feso ante nos en commo avia a pagar o dito inçenço, cada anno, et en commo se obrigou a pagarlo, mandamos por sentença a o dito Pedro Afonso que o pagasse de cada anno segunt dito he, asy commo deveda confesada que he devida a a dita iglesia, el et outro qualquer que depoys veer del que tena este dito agro. Et nos vista a sua obidiençia mandamos a Iohan Dias, coengo da nossa iglesia, que lle dese aquella penitençia que entendesse que era seude da sua alma et o asoltasse da dita escomonyon en que sobresta raçon caera. Por que vos mandamos que o aiades por asolto et le façades beneffiçio de santa iglesia. Et en testemoyo desto mandamos le dar nossa carta seellada con noso seello.

Feyta en Lugo XXIIIIº dias de desembre, era de mill et CCCos et oyteenta et sete annos. Ruy Gomes.

Eu Fernando Peres, publico notario del rey ena çiudade de Lugo, vi et lii huna carta scripta en papel et seelada con seelo do bispo sennor sobredito segunt por ela appariçia a qual era feyta no thenor sobredito, et a pidimento de don Lopo Domingues, thesoreyro de Lugo, fis trasladar vervo por vervo, et en este traslado puge y meu nome et meu signal.

Testemoyas que viron a dita carta: don Fernando de Deus, chantres; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Vaasco Dias, iuys de Lugo; Gonçalvo Peres, sancristan; Lopo Peres, porteyro, ts.