GMH/ÍNDICE A-Z

686
1368, abril, 27 xoves. Lugo
Einés Afonso dóalles, tras a súa morte, ao bispo e á igrexa de Lugo a casa do Pereiro.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 107r.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Eynes Affonso, muller de Affonso Martines do Pereyro que fuy, de minna livre voontade et sen constrengemento de algun, por poder que aio do dito meu marido, Afonso Martines, que me el leyxou por sua manda et testamento a tempo de seu finamento, por ello seendo saa et con saude et con todo meu sisso et entendemento comprido qual mo Deus quisso dar, dou logo por amor de Deus et por la alma do dito meu marido et minna en esmonla et por manda a vos, o onrrado padre et sennor dom frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, para a dita vossa iglesia que aiades para senpre iamays por iur de herdade, despoys de meu finamento, a cassa do Pereyro en que suya morar con o dito meu marido, a qual cassa fuy do dito meu marido, Affonso Martines, et leyxoa a min que a tevesse et pessuysse en minna vida et a meu finamento que a leyxasse por la sua alma et por la minna a a dita iglesia de Lugo, ou a Santa Maria de Ferreyra. Et eu veendo que he prol da alma do dito meu marido et minna dou et leyxo a dita cassa a a dita iglesia de Lugo, et a vos, o dito sennor obispo, en seu nome que a aiades despoys de meu finamento livre et quita et desenbargada, et ponno et meto logo enno iur et possisson et propiedade da cassa a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vossa iglesia, que a aiades livre et quita et desenbargada de min et de toda mina vos et do dito Afonso Martines, meu marido que fuy, depoys do dito meu finamento, segundo dito he. Et esta manda et doaçon que mando et faço da dita cassa a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vossa iglesia outorgo et prometo que nunca a revogue por min nen por outro algun, nen passe contra ella en nihuna maneyra que seia, ante a confirmo et quero que valla en toda minna vida et despoys de meu finamento, et se da dita cassa feser outra manda ou doaçon, salvo esta que faço, mando que non valla. Et demays para guardar et comprir esta dita manda et doaçon et non yr nen passar contra ella nen na revogar en alguna maneyra, obrigo min et meus bees, mobilles et rays, gaanados et por gaanar, a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vossa iglesia que aiades delles tantos commo val a dita cassa se revogar ou tentar de revogar a dita manda et doaçon, et demays faço iuramento a os santos avangeos, taniudos corporalmente con minnas maos, que cumpla et guarde todo esto que sobredito he, et que non vaa nen passe contra ello en alguna maneyra en nihun tempo que seia.

Et nos, o dito sennor obispo, assy reçebemos a dita cassa et manda et doaçon que vos, a dita Eynes Affonso, della fasedes a nos et a a dita nossa iglesia, et outorgamos que a avedes a teer et pessuyr en vossa vida, et a voso finamento ha de ficar livre et quita et desenbarguada a nos, o dito sennor obispo, et a a dita nossa iglesia enna maneira que dita he. Et eu ,a dita Eynes Affonso, assy o outorgo. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Arias Peres, raçoeyro, et notario publico de Lugo, que fesesse ende esta carta.

Que fuy feyta en Lugo, ioves viinte et sete dias d’abril, era de mill et quatroçentos et seys annos.

Testemoyas: Arias Fernandes, raçoeyro; Pedro Ferrnandes de Sonnar, alcalde de Lugo; Fernan Garçia de Mera; Lopo Affonso Caruncho; Iohan Affonso, clerigo de Villachaa; Pedro Carpenteyro; Fernan Gonçalves de Moreda; Fernan Yanes de Rioboo; Pedro Martines do Pereyro; Iohan Simones de San Fiis do Hermo.

Et eu Arias Peres, raçoeyro, et notario publico de Lugo dado por auctoridade do sennor obispo desse lugar, a esto presente fuy, et a rogo das ditas partes esta carta scrivi et puge y meu signal en testemoyo de verdade.