GMH/ÍNDICE A-Z

364

agosto, 24

Nuno Patiño entrega a Aldonza do Leire e ao seu fillo Gonzalo Amigo 100 mrs., polos que recibirá todo o viño que teñen no lugar de Reza. (fols. 109v-110)

Nuno Patiño notario.

A XXIIII dias do mes de agosto, Joan Amigo fillo de Gonçalvo Amigo e sua madre Aldonça do Leire filla do dito Gonçalvo do Leyre Amigo, reçebeu de Nuno Patiño çen mrs. vellos, os quaes reçebeu en presença de min o notario etç. de que se deron por pagos etç. e obrigouse de lle dar todo o seu viño do seu lugar de Reça e que o dito Nuno Patiño (fol. 109v)
que o colla por custa deles e todo o que custar, descontando o que custar, que se page da novidade e o al que llo conten rega chaan e se page dos ditos mrs. etç., para o qual a madre e o fillo se obrigaçon etç. Penna çen mrs. etç. Tests. o abade de Lousada et Lonbeyro morador en Codeiro.