GMH/ÍNDICE A-Z

D59
1459, abril, 8

Gómez Ares, reitor da igrexa de Untes, compra a Afonso de Untes unha viña por 6 dobras de ouro, pero págallas a Gonzalo Cudeiro, pois debíallas o dito Afonso de Untes. (fol. 23v)

Gomes Ares capelan.

A VIII dias de abril, en Ourense, Gomes Ares capelan et reytor da iglesia de Untes feso paga a Gonçalvo Codeiro, morador en Santa Crus, de seys dobras douro que dera de conpra porla viña de Afonso de Untes, que lle o dito Afonso de Untes devia e por que lla vendera por las ditas seys dobras, et o dito Gonçalvo Codeiro asy reçebeu en sy as ditas seys dobras por que conprara a dita viña et diso que leixava et desenbargava a dita viña ao dito Gomes Ares. Tests. o dito Afonso de Untes et Fernando fillo de Afonso Fernandes, Gomes das Figeiras et Ares de Monterroso et Fernando meu criado et Fernando Ferro.