GMH/ÍNDICE A-Z

991
1422, novembro, 19. Lugo

Afonso López da Cruz dóalle ó Cabido de Lugo un día coa súa noite que lle corresponde mensualmente no muíño do xuíz.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 153 r.
       

Saban quantos esta carta viren como eu Afonso Lopes da Crus, mercador et [vesino da çibdade] de Lugo, por esta presente carta de mina propia et libre voontade sen engano nen constrengimento alguno, et a rogo das personas coengos et benefiçiados do cabidoo da iglesia de Lugo et esso mesmo por moytas boas obras, graças et merçedes que aio reçebido do dito cabidoo et que [espero] de aver, et por que soo obligado a a iglesia de Lugo et a os ditos benefiçiados, dou en firme et pura doaçon a a dita iglesia de Lugo et cabidoo dela para senpre hun dia con sua noyte, que eu aio cada mes en o moyno do juys que he do dito cabidoo; o qual dia et noyte que a min perteesçe en o dito moyno por erança materna de Lionor Lopes, mina madre, et a min coubo en partilla en trasmarco para senpre con meus yrmaos dos bees que ficaron a a morte da dita Lionor Lopes, et por outra qualquer maneyra que a min perteesca dito dia et noyte en o dito moyno; et d’aqui endeante tiro a min et a toda mina vos para senpre do iur et posison et propiedade que eu teno do dito dia et noyte en o dito moyno, et pono et apodero en todo a o dito cabidoo et iglesia en o dito iur et posison para senpre, et esto faço eso meesmo por lo amor de Deus et porque a dita mina madre et avos et eu eramos obligados a a dita iglesia et cabidoo, et renunçio et parto de min et de toda mina vos todos los dereytos canonicos et cevis et rayaes et moniçiepaes et leys et privilegios et usos et custume et ordenanças, scriptos et non escriptos, et a ley do engano et outra ley que dis general renunçiaçon non valla se non for nomeada, que os non posa alegar por min, nen por outro, en juyso nen fora del, et se o feser o tentar faser, quero et outorgo que me non valla, nen seia oydo sobrelo, et que todavia este contracto de doaçon esmola que vos asi dou et outorgo para sempre fique et seia firme, et juro a a boa fe de Deus que nunca contra ela nen contra parte della vaa por min nen por outro. Et que esto seia certo rogeuey (sic)  a o notario iuso escripto que fesese desto huun instromento et que ho lançase en o libro de vos o dito cabidoo.

Feyto et outorgado [...] da iglesia de Lugo, des et nove dias do mes de novenbre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et dous anos.

Testemoyas: don Juan Martines, dean; don Afonso Lopes, chantre; don Rodrigo, juys; et don Pedro Fernandes, thesoreyro; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, Juan Lopes, Fernando Peres, Nuno Gonçalves, Juan Dias, Afonso Rodrigues, Ares Afonso, bachiller, Vaasco Afonso, coengos; Fernando Ferrnandes, Fernando Rodrigues, Fernando das Cortinas, Afonso Rodrigues, raçoeyros; Fernando Peres de Bardancos; Gonçalvo [...], et Afonso de Gonçe, clerigos do coro da dita iglesia, et outros.