GMH/ÍNDICE A-Z

085
1457

xx (26R)

-85-

Traspasamento.

En Rriãjo, XJ días do dito mes de setẽbro, ano4 dito deLVIJ. Como4 eu, Tareyia Ares, / moller que foy de Gomes de Nemãcos, notario, outorgo e coñosco que dou e / traspaso en vós, Garçía Mjgés, sastre257, que estades presente, e en vosa moller, / María Martíns, moradores ẽno dito porto, a mjña casa, que agora está formal258, / ẽno dito porto, que pousa e ha de pousar ẽno outõ da casa que quedou / do dito notario259, / como4 vay de longo topar enas figeyras, segũdo que / agora está marcada porlos çemẽtos e paredes dela; a qual dita / casa eu ouve de Ferrnand Peres Calujño, morador ẽno dito porto, por troque / de herdades que lle por ella dey en Rrañoo, a qual así marcada cõ todas / súas entradas, saýdas, aguas corrẽtes e vertẽtes e cõ todas súas perteẽças / e dereyturas quantas ha e deue aver vos dou e traspaso cõ seu cárrego de / foro ẽna mellor maneyra que poso e deuo de dereyto, para que seja vosa e / da dita bosa moller e herdeyros e soçesores, segũdo e porla vía e maneyra / e cõ o cárrego que a eu teño, por quanto me quitastes quinentos morauidís / vellos que vos eu e o dito meu marido deujamos, e porque me / avedes de dar hũu260 pelote de morilla nouo, e por moytas e / bõas obras que me avedes feyto; oblígome de voslo faser çerto e sao / de qualque(e)r que voslo contrariar ou enbargar, so pena4 da dita cõtía; / e desde agora vos poño en jur, señorío e posesiõ da dita casa / e formal e o deixo e quito261 de mj e de mjñas boses262. Outorgou carta firme. / Testigos: Rroý Mariño, escudeyro, seu jẽrro, que foy cõsentidor e diso que / cõsentía ẽno sobredito, e Diego Garçía e Pero Ardido e Rroý Bieytes.

__________

257. Sastre está entreliñado. Despois de Mjgés está riscado en v.
258. O r está escrito sobre st.
259. Despois está riscado que sal da hũa parte do ancho para a praça e do outra parte / escontra o mar; ancho leva un trazo por riba.
260. Primeiro escribiu hũa saya, riscou esta última palabra e na primeira corrixiu o a en o.
261. E quito está entreliñado.
262. Despois está riscado e rrenũçios todas / leys e dou poder alos juíses e justiçias, et çétera
.