GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D175
1459, maio, 8
O notario Rodrigo Fernández require a Afonso Vázquez de Moreiras o recibo da alcabala da venda de dez cargas de viño ou o pago da dita alcabala. (fol. 53)

Rodrigo Fernandes notario.

A oyto dias de mayo en Ourense, enna Praça do Canpo, Rodrigo Fernandes notario requerío Afonso Vasques de Moreyras que huna cuba de viño de dez carregas que levara a vender fora da aldea enno anno de LVIII, que lle mostrase alcavala onde a vendera (se)* ao termino que el rey manda, senon que protestava de lle demandar alcavala e de aver del a rason de CXL.- cada moyo et o dito Afonso Vasques diso que tal cuba de viño que a non levara a vender fora da dita aldea et que se a vendera que a vendera enna dita aldea et que lle pagara alcavala dela a Gonçalvo do Seixo como fiel. Tests. Afonso Çebolleyros et Garçia Fernandes e Joan Afonso e Joan Fernandes. (fol. 53)