GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

47
1306, setembro, 16

Rui Pérez recoñece a propiedade da igrexa de Lugo sobre o herdamento das Cavadas de Felgueiras.

MADRID, AHN, Carp. 1332 A/15, perg. orix., galego, gótica cursiva, 164x158 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Ruy Peres de Gomian ningun costringendome, presente et outorgante meu fillo Pedro Rodriguez, conosco et outorgo que o herdamento das Cavadas de Felgueyras sobre que o ganno don Rodrigo, por la gracia de Deus bispo de Lugo, fezo pesquisa en Gomian que de la Lagoela commo van a dereyto a as lavradas vellas, et commo se van a iuso ata o porto de Carriçaes, que he seu herdamento et da eglesia de Lugo, o qual herdamento he su signo de Santiago de Gomian, et quitomelle del et de quanto en el cavey et lavrey por sempre iamays, et renunço todo dereyto et foro et exepçon que nunca eu nen outro por min nen de myna voz demande mays este herdamento sobredito en iuyzo nen fora del.

Et des aqui endeante tiro min et toda myna voz do iur et da possissom del et meto en el o bispo sobredito et a a eglesia de Lugo.

Et que esto seia çerto et non venna en dulta roguey a Françisco Lopes, notario publico de Lugo, que desse ende este publico estrumento a o bispo sobredito.

Feyto foy esto en Lugo, XVI dias de setembre. Era de mill et CCC et Xlª IIIIº annos.

Testemoyas: don Iohan Eanes thesoreyro de Lugo; Andreu Peres clerigo, Affonso Eanes monge de Samaos ts.; Aras Peres de Lageosa ts.; Fernando Peres clerigo de Santiago de Raynche; Iohan Peres juys do bispo ts.; et outros.

Et eu Francisco Lopes notario sobredito a esto presente fuy et a rogo de Ruy Peres sobredito esta carta escrivi et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade.

SIGNO