GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

112
1315, outubro, 6
venda

Aldonza Rodríguez, por si e polo mestre Macía, faille entrega a Lourenzo Iáñez Celeiró, en nome de varios menores, dunha casa sita en Cima de Vila.


ACOu, Escrituras XII, 35

(ed. M. Castro / M. Martínez Sueiro, Colección de Documentos del Archivo de la Catedral de Orense, I, 260-261)

Conuçuda cousa seia a todos que en presença de min notario e testemuyas su escritas Aldonça Rodriguez moradeyra en Ourense na rua da Cruz do Çenteo, filla de Roy Peres dito Perequino e de Tareija Maçia çidadaos que foron de Ourense, presente seu marido Domingo Peres alfayate e outorgante, estando en hunas casas que estam na rua de Çima de Vila hu chaman o Tendal, as quaes estan ontrelas casas que foron de Costança Eanes dita Farina çidadaan que foy de Ourense e de seu padre Johan Farina da huna parte, et as casas que foron de Johan Eanes dito de Toen en que ora mora Affonso Dominguez da outra parte. Per chaves e per tella entregou por si e por meestre Maçia tesoureyro de Ourense, as ditas casas a Lourenço Eanes Çeleyroon çidadao desse lugar, por nomme de Johanna Nunez, Sancha Nunez, Lopo Nunez e Johan Nunez fillos da sobredita Costança Eanes. Entregou a el as ditas casas en tal maneyra que eles aian e pessuyam todo o dereito, voz, quiñon, jur, senorio, possisson e propiadade que esta Aldonça Rodriguez e o tesoureyro an e lles perteençen nas ditas casas segundo se conten na carta por que llas venderon, feyta por min notario. Et o dito Lourenço Eanes que era presente en nome dos ditos Johanna Nunez, Sancha Nunez, Lopo Nunez e Johan Nunez reçebeo esta entrega sobredita, segundo que lla a dita Aldonça Rodriguez fazia. Esto foy en Ourense, seys dias de oytubro, em era de mill e trezentos e çincoeenta e tres annos. Testemuyas Fernan Peres raçoeyro d’Ourense e Martin Casanova seu omme, Affonso Domingues canbeador, Pero Fernandez omme de Pero Affonso coengo, Lourenço Andador e Joan Ares lavrador morador en Çima de Vila.

Et eu Affonso Eanes notario jurado en Ourensse por nosso señor o bispo e pola igleia desse lugar que a esto presente foy e en mina presença o fige escrivir e meu sinal y puge en testimoyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta por como entregaron as casas de Cima de Vill que foron de Pero Eanes aos moços.