GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

G-B3
1488, setembro, 17
Gómez Ouxea, escudeiro de Allariz, vende a Xoán Cortes, capelán da cape-la do Crucifixo da Catedral, a renda anual de 50 mrs. do subforo dunha casa sita na Cruz dos Ferreiros, foreira á dita capela, por 1000 pares de brancas. (fol. 2v)
Anno de LXXX VIIIº annos, a des e sete dias do mes de setenbro, enna iglesia d’Ourense, Gomes Ougea escudeiro vesino da vyla de Allaris, fillo de Gonçalvo Ougea notario (e de sua muller)* e de sua muller Lionor Gonçalves moradora en Allaris, vendeu a Joan Cortes capelan do Santo Cruçifixo syto enna iglesia d’Ourense, çinqoenta mrs. vellos que avya de sobre foro enna casa da Rua da Crus dos Ferreiros en que mora Diego Fernandes das Cortes ferreiro, foreira aa dita capela do Santo Cruçifixo, os quales ditos çinqoenta mrs. vellos lle vendera por lo tenpo e voses que tyña en foro a dita casa ou para senpre, por preço e con-tia de mill pares de brancas, e se mays valia que llos daba en donaçion etç. Carta de venda en forma a consello de leterado etç. Penna del dobro etç. Dos quales se deu por pago. Tests. Gonçalvo das Seyjas e Roy Gonçalves canonigos e Roy Vasques raçoeiro. (fol. 2v)