GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1401
1498, novembro, 7 mércores. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Afonso de Mera e a dúas voces o lugar de Ascariz na freguesía de San Vicenzo de Veral, por renda anual de 24 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1338 nº 3, perg. orix., galego, cortesá, 255 x 250 mm.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos el dean, personas et benefiçiados da iglesia de Lugo, de que a yuso se faran mençion, seendo juntos en noso cabildo por son de canpa tangida, segund que avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia a par da porta por donde soben as bobedas, avido primeramento sobre lo que adelante sera declarado consello et matura deliberaçion, et de consintimiento et otorgamiento de Pedro Rodriguez, clerigo do coro da dita iglesia, rendeyro dos aniversarios da dita iglesia, que estava presente, et veendo et entendendo que he noso proveyto et de nosos subçesores damos aforo et avervo a vos Afonso de Mera, fillo de Alvaro de Mera, defunto, que santa gloria aya, et a outras duas personas despois de voso finamento, huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seja persona deste foro aquel que de dereito herdar vosos bees ou a mayor parte deles, o noso lugar de Ascariz, que he dos ditos aniversarios, con todas suas herdades et arbores et formaes et entradas et saidas et montes, prados, pastos, jures et pertenençias, a montes et a fontes per hu quer que ban et perteesçen a os ditos aniversarios et segund que vos, o dito Afonso de Mera, tinades et poseyades por nos en foro. O qual lugar et herdades de Ascariz son sitas et locadas sub o signo de San Viçenço de Veral, a tal pleito et condiçion que fagades labrar et ben parar as ditas herdades et tenades las casas, si alguas ay feytas, cubertas et ben reparadas de guisa que non se baan a ermo por mingoa de boo paramento. Et dedes et paguedes de foro et penson a o dito Pedro Rodriguez, rendeyro, ou a os outros que por tenpo foren rendeyros, en cada un ano, vos, o dito Afonso de Mera, et as ditas personas viinte et quatro maravedis vellos, que cada dez cornados fazen maravedi, da moeda que se correr, cada ano por dia de San Martino de nobenbro. Et a finamento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro, que fiquen las ditas herdades et casas do dito lugar d’Ascariz libres, quitas et desenbargadas con todos los boos paramentos que en elas foren feytos a a dita iglesia et aniversarios delas, cujas son. Et con condiçon que a segunda et terceira personas, que depois de vos subçederen en o dito foro, que sejan tiudas et obligadas de se viir mostrar ante nos, o dito cabildo, como subçederen en o dito foro et son foreiras del do dia que en el subçederen fasta triinta dias primeyros seguentes, su pena de perder o dito foro, lugar et herdades de Ascariz por ese mesmo feito.

Et eu, o dito Afonso de Mera, que presente estou, por myn et por las ditas personas asi reçebo o dito foro de vos los sobreditos que asi me fazedes do dito lugar a min et a meus beens et das ditas personas de o conprirmos, pagarmos et atendermos, segund et en a maneira que dita he. Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos. Et porque esto seja çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario juso scripto que faga duas cartas de foro, anbas en un thenor, et as signase de seu signo, huna para nos, o dito cabildo, et outra para vos, o dito Afonso de Mera, et personas, et por mayor firmeza mandamos seelar esta carta de vos, o dito Afonso de Mera, con o seelo do dito cabildo.

Que foy feita et outorgada en a çibdade de Lugo, dentro en a dita iglesia, dia miercoles, septe dias do mes de novenbro, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et noventa et oyto anos.

Que foron presentes et outorgaron este dito foro: don Gonçalvo Gomez de Montenegro, dean; et Alvaro Diaz de Lama, chantre; et el bachiller Pedro Ferrnandez das Camoyras, arçediano de Sarrea; et Diego Gonçalvez de Fonteita, arçediano de Triacastela; et Afonso Martines de Galdo, juez; et Juan Ares de Parga, et Gomez Ferrnandez, et el bachiller Pedro Ferrnandez de Villafranca, et Vasco Rodriguez, et Ares de Neyra, et Vernal Rodriguez, todos benefiçiados et capitulantes de la dicha iglesia; et Fernand Yanes, et Afonso Fernandez, et Vasco Grandio, et Pedro de San Jullao, raçioneros della. Et ts.: Juan Teixeiro, et Juan de San Martino, clerigos de aniversario de la dicha iglesia; et Lopo Dorado, notario, et otros. El provisor consentio.

Et eu Garçia das Camoyras, canonigo et notario por la abctoridad apostolica, a todo lo que dicho es en uno con los dichos testigos presente foy, et esta carta de foro, segund que por ante mi pasou, et por los dichos senores foy outorgada ven et fielmente por mina mao escrevi, et por rogo dos sobreditos aqui puge estes meus nome et signo acustumado en testimonio de verdade que tal he rogado et requerido.

Materias

administración; aniversario; árbore; arcediago; bacharel; beneficiado; bóveda; cabido; campá; canon foral; casas; catedral; construción; coro; coroado; crego; crego; deán; dignidades; familia; festa; fillo; labores; licenza; marabedí; mesa capitular; notario; notario apostólico; pai; pasto; porta; provisor; racioneiro; rendeiro; selo; soar; tellado; xuíz; cabido

Persoas

Afonso de Mera; Afonso Fernández, racioneiro de Lugo; Afonso Martínez de Galdo, xuíz de Lugo; Álvaro de Mera; Álvaro Díaz da Lama, chantre de Lugo; Ares de Neira, cóengo de Lugo; Bernal Rodríguez, cóengo de Lugo; Diego González de Fonteita, arcediago de Triacastela; Fernando Eáns, racioneiro de Lugo; García López das Camoiras, cóengo de Lugo; Gonzalo Gómez de Montenegro, deán de Lugo; Lopo Dourado, notario; Pedro de San Xiao, racioneiro de Lugo; Pedro Fernández das Camoiras, arcediago de Sarria; Pedro Fernández de Vilafranca, cóengo de Lugo; Vasco Grandío, racioneiro de Lugo; Vasco Rodríguez de Gaioso, cóengo de Lugo; Xoán Ares de Parga, cóengo de Lugo; Xoán de San Martiño, crego do coro de Lugo; Xoán Teixeiro, crego do coro de Lugo; Pedro Rodríguez, crego do coro de Lugo

Outros

Lugo, bispado; Lugo, cabido

Lugares

Astariz; Camoiras, As; Fonteita; Galdo, Santa María; Lama; Mera; Montenegro, antiga xurisdición; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Parga, antiga xurisdición; San Xillao; Sant Martino; Sarria; Teixeiro, Santa María; Triacastela; Veral, San Vicente, O; Vilafranca do Bierzo