GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

680
1367, marzo, 5. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo outórganlles a Tareixa Fernández e ao seu marido dous casais en Santa María Madanela de Coeses e reciben a cambio todo o que estes posúen na freguesía de Santa Cruz de Vilasante.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 107v-108r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, don frey Pedro Lopes, da orden dos preegadores por la gracia de Deus, obispo de Lugo, con outorgamento de don Ruy Ferrnandes, dayan, et dos omes boos do cabidoo da nosa iglesia, da huna parte, et eu Thereyia Ferrnandes, filla de Fernan Fernandes de Deral que foy, con outorgamento de Gil Fernandes, meu marido, que esta presente, da houtra, fasemos entre nos tal enprasamento que seia valledeyro: conven a saber que nos, o dito sennor obispo, con outorgamento do dito dayam et cabidoo damos a bos a dita Tareyia Ferrnandes et a o dito Gil Ferrnandes, voso marido, para en toda vosa vida d’anbos, os nosos casares do Poombar et de Seeça con suas casas, arvores, formaes, dereyturas et pertenenças, os quaes casares son enna nosa terraria de Coeses sub signo de Santa Maria Madanela de Coeses, a a tal condiçon que vos, os ditos Gil Ferrnandes et Tareyia Fernandes, lavredes et façades lavrar et paredes ben as herdades dos ditos cassares, et as tiredes et façades tirar de monte as que poderdes que seia sen maliçia, et mantenades as que estan lavradas en boo paramento en guissa que se non perçan con mingoa de lavorio, et moredes as casas dos ditos casares et as mantenades en boo estado, et façades as casas que y estan feytas ante que rey don Enrrique veese a esta terra, et façades mays huna casa en cada hun dos casares sobreditos, et levedes os froytos et dereyturas et rendas dos ditos cassares en vossa vida d’anbos et dous et de cada hun de vos, et non dedes a nos nen a nosa iglesia renda alguna enna dita vossa vida segundo dito he. Et avedes a seer vasalos serventes et obedientes nosos et de nosa iglesia. Et a finamento do postrimeyro de vos as herdades dos ditos casares an de ficar livres et quitas et desenbargadas et ben lavradas, et as casas deles feytas et en boo paramento a nos, o dito sennor obispo, et a nossa iglesia, et con todos los outros boos paramentos que en ellas foren feytos.

Et nos, os ditos Gil Fernandes et Tareyia Ferrnandes, asy reçebemos de vos, o dito sennor obispo, a dita merçee et ben que nos façedes dos ditos casares por la dita nosa vida, segundo dito he. Et por este ben et merçee que nos façedes eu, a dita Tareyia Fernandes, con outorgamento do dito meu marido dou a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia que aiades por senpre iamays por iur d’erdade todas las herdades, et cassas, et arvores, et paaços, et formaes, et caneyros, et nasseyros, et pesqueyras, que eu aio et me perteeçen d’aver en qual maneira quer en Vilasante et en Nadalle, et en Vigo de Nadalle, et en Seyde, et en Villar de Infançoes, sub signo de San Çibrao de Villasante, et de Santa Maria de Çelle, et de santa Alla de Pradeeda por fillos que oyve de Diego Afonso de Villasante, meu marido que foy, que morreron en meu poder minores didade, et de compras et de gaanças que eu fige con o dito Diego Afonso et depois con o dito Gil Ferrnandes, as quaes herdades que vos dou son estas: en Villasante des et nove leyras que iasen ena agra do Pumar; item ena agra sobre la Villa a que chaman de Bouças nove leyras, que son semente estas leyras sobreditas des oytavas a anbas las maos; item as duas partes do paaço en que morava o dito Diego Afonso, et a camera toda que esta a par do paaço que era do dito Diego Afonso con suas cortinas, et arvores, et entradas et seydas, et as duas partes de hun quarto de caneyro chamado de Sequeyro, et as duas partes de huna novema d’outro caneyro que esta a par do dito caneyro de Sequeyro, os quaes caneyros estan enna agoa da Neyra; et en Nadalle quatro leyras ena agra da Lageella que son duas oytavas semente. Item ena agra de Pumarino oyto leyras que son semente tres oytavas et media. Item ena agra de Veyga duas leyras que son semente huna fanega. Item enas cortinas sete leiras que son tres oytavas et media semente. Item ena agra de Felgueyra viinte et seis leyras que son semente doze oytavas, que montan viinte et tres oytavas semente, et destas son as tres quintas de min a dita Tareyia Fernandes que montan treze oytavas et media semente, et destas tres quintas perteesçe [...] de Rodrigo Afonso de Villasante de des et oyto quinoes o hun. Item en Vigo a herdade que trage Gonçalvo Peres, notario de Pallares. Item en Seyde, ena agra do Castro, tres leyras que son semente çinquo oytavas. Item ena agra que ora ias en restrela tres leyras que son semente duas oytavas. Item en Cortinas duas leyras que son semente media fanega. Item en Vilar de Infançoes quatro leyras ena agra da seara que son semente tres oytavas. Item ena agra do Castello quatro leyras et ena agra de fondo seis leyras, et quatro leyras de cortinas que son estas ditas leyras semente a anbas las maos tres oytavas, et asi son en Villar de Infançoes sete oytavas semente. Et das sobreditas herdades de Seyde et de Vigo perteeçen a fillos de Rodrigo Afonso de Villasante a sexta parte et da herdade de Nadalle et de Villar de Infançoes perteeçe a os ditos fillos de Rodrigo Afonso des et oyto quinoes o hun. Et se eu, a dita Tareyia Ferrnandes, et o dito Gil Ferrnandes mays herdades et cassas et arvores et formaes avemos ennas fiigregias sobreditas, ou nos perteeçen d’aver en qual maneyra quer a o tempo d’agora, et aqui non van escriptas et declaradas mays damos a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia por senpre iamays por iur d’erdade, segundo que vos damos as outras herdades sobreditas. Outrosy dou eu, a dita Tareyia Fernandes, a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia por iur d’erdade por senpre iamays, commo dito he, todo los iglesiarios et padroadigos et iantares et presentamentos que eu aio et me perteeçe d’aver por los fillos que oyve do dito Diego Afonso enas iglesias de San Çibrao de Villasante et en San Martino de Meda et en Costante et en Martin et en Selle, et en toda las outras iglesias que o dito Diego Afonso avia et lle perteeçian d’aver d’aquel cabo a agoa do Minno, as quaes sobreditas herdades et paaço et camera et casas et formaes et caneyros et pesqueyras et padroadigos et iglesiarios et iantares et presentamento da iglesia dou a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia, segundo dito he, con todas suas dereyturas et pertenenças, pastos et iures et agoas vertes et estantes et correntes, entradas et seydas, a montes et a fontes, per ut quer que vaa sub os dito signos, et logo por esta presente carta pono a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia eno iur et posison et propiedade das sobreditas herdades et casas et caneyros et pesqueyras et arvores et formaes et iantares et padroadigos et iglesiarios et presentamiento de iglesias, que vos dou segundo dito he, et tiro ende a min et a toda mina vos, et se d’aqui adeante posuyr alguna das cousas sobreditas ou parte dellas outorgo et connosco que as posuyo por vos, o dito sennor obispo, et por la dita vosa iglesia precario. Et demays nos, os ditos Gil Fernandes et Tareyia Fernandes, obligamos nos et nosos bees movilles et rayses, gaanados et por gaanar, et speçialmente eu, o dito Gil Fernandes, obligo toda las herdades et casas, que eu aio en Vilalvite d’aquel cabo aboa ennas fiigregias de Sanyoane de Penna et de Santa Maria Madanela de Coeses, para fasermos et por fasermos senpre de pas a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia as sobreditas herdades et casas et arvores et caneyros et pesqueyras et padroadigos et iglesiarios et iantares de iglesias que vos damos, segundo en çima son declaradas, et de leyxarmos as herdades dos ditos casares do Poombar et de Seeça ben lavradas et as cassas delles feytas et en boo paramento a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia a finamento do postrimeyro de nos.

Et nos, o dito sennor obispo, asy reçebemos de vos, os ditos Gil Ferrnandes et Tareyia Fernandes, as ditas herdades et paaço, camera et casas et arvores et formaes et caneyros et pesqueyras et padroadigos et iantares et iglesiarios de iglesias, que nos dades para nos et para a dita nosa iglesia, et outorgamosvos o dito enprasamento dos ditos casares que os aiades en vosa vida ena maneyra sobredita. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a Arias Peres, raçoeyro, et notario publico de Lugo, que fezese desto duas cartas en hun tenor, huna para vos, o dito sennor obispo, et para vossa iglesia et outra para nos, os ditos Gil Ferrnandes et Tareyia Ferrnandes.

Que foron feytas en Lugo, çinquo dias de março, era de mill et quatroçentos et çinquo annos.

Testemoyas: don Ruy Gonçalves, dayan; don Alvar Rodrigues, chantre; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deçon; don Lopo Domingues, arçidiago de Triacastela; don Iohan Dias, thesoreyro; Thomas Gonçalves, Gonçalvo Yanes, Alvar Dias, Pedro Arias, coengos da dita iglesia; Pedro Rodrigues de Sonar, Meen Rodrigues de Saa et outros.

Et eu Arias Peres, raçoeyro, et notario publico de Lugo dado por auctoridade do dito sennor obispo desse lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy, et a rogo et mandado das ditas partes esta carta en minna presença fis escrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade.

Materias

agra; árbore; arcediago; avinza; beneficio; cabido; cabido; canon foral; canon foral; casas; chantre; cóengo; construción; construción; cortiña; deán; deán; dignidade; doazón; esposa; esposo; estivada; familia; fidalgo; filla; fillo; freguesía; gran; herdanza; labores; labores; leira; licenzo; menor; mesa bispal; montes; muller; nai; nena; neno; notario; obrigación; obrigación; pai; pasto; pazo; pesqueira; presentación; racioneiro; rei; río; seara; semente; soar; terraria; tesoureiro; titora; tributos; venda; viaxe; viúva; xantar; xurisdición; bispo

Persoas

Álvaro Rodríguez, chantre de Lugo; Ares Pérez, racioneiro de Lugo; Diego Afonso de Vilasante; Fernando Fernández de Deral; Gonzalo Eanes, cóengo de Lugo; Gonzalo Pérez, notario; Henrique II, rei de Castela; Lopo Domínguez, arcediago de Triacastela; Men Rodríguez de Saa; Pedro Ares, cóengo de Lugo; Pedro Rodríguez de Soñar; Roi Afonso de Vilasante; Roi Afonso, arcediago de Dozón; Roi Fernández, deán de Lugo; Roi González, deán de Lugo; Tareixa Fernández; Tomé González, cóengo de Lugo; Vasco Rodríguez, arcediago de Sarria; Xil Fernández; Xoán Díaz, tesoureiro de Lugo; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo

Outros

Castela, reino; Lugo, cabido; Lugo, bispado

Lugares

Bouças, agra; Castelo; Castro, agra; Cela, Santa María; Ceza; Coeses, Santa María Madanela; Constante, San Miguel; Dozón, arcediagado; Felgueyra, agra; Lageella, agra; Lugo; Martin, San Cristovo; Miño, río; Monte de Meda, San Cibrao; Monte de Meda, San Martiño; Nadalle; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Pallares, antiga xurisdición; Pena, San Xoán; Poombar, casar; Pradeda, Santa Eulalia; Pumar, agra; Pumarinno; Saa; Sarria; Sellae; Sequeyro, caneyro; Soñar, San Pedro; Triacastela; Veral, San Vicente; Veyga, agra; Vigo; Vilalvite; Vilar de Infanzós; Vilasante, Santa Cruz