GMH/ÍNDICE A-Z

123 A

1396, marzo, 6. Pontedeume.
Fernán Pérez de Andrade, cabaleiro, dóalles ó bispo de Mondoñedo don Lope (de Mendoza) e ó Cabido da Catedral mindoniense, a partes iguais, os seus casais de Viladónega e Martiñán, sitos na freguesía de Santa María (hoxe San Bertomeu) de Corvelle.
A, perg., autorizado por notario, de 325 x 350 mm. Letra semigótica.
B, perg., no Tumbo Pechado, fol. 63r: ACM, Arm. 3, n.º 10.
C, papel na Transcrición do Tumbo Pechado, fol. 102r-v: ACM, A 5, E 3, L 13.
Ref.: flórez, vol. xviii, p. 184.

Enno nomme de Deus. Amen. Saban quantos esta carta de doaçon viren commo eu Feran Peres d-Andrade caualleyro por remedio / de minna alma et soude et de meus padre et madre et auoos onde venno dou en pura doaçon valledeyra para senpre / entre biuos a don Lopo bispo de Mendonedo et ao cabidoo da iglesia de Mendonedo de por meo et a seus suçesores dous / meus cassares de herdade que eu tenno et ajo et me perteesçen de auer de dereyto os quaes casares foron de Lopo Nunes / meu yrmao cujo herdeyro soo os quaes cassares hun deles jasen en Villadonega et outro en Martinan que he sub signo de santa Maria de Corbuelle con todas las herdades brauas et manssas chantadas et por chantar jures et perten/ças con todas cassas et formaes cortes ayras et curaes et con todos seus prouos de gaandos bois et / vacas obelas et cabras vesteas et porcos et porcas con todo o pan seso que y esta deste anno segun que os eu / husey et leuey por min et por mesus teedores ata oje este dia et daqui endeante tiro min et meus herdeyros et minna / vos do jur et posisson et propiedade dos ditos cassares et ponno et ponno (sic) et apodero en elles et enna posison / et propiedade deles aos ditos bispo et cabidoo da iglesia de Mendonedo de por meo commo dito he et aaquel ou aaquelles que por lo / dito bispo et cabidoo vieren ou seu çerto recado. Et prometo que nunca venan nen uaan por min nen per meus herdeyros contra esta / dita doaçon en ningun tenpo nen parte delas et de a non reuocar por engratudue nen por outra maneyra por min nen por outro et / se o fesser mando que non valla. Et quero et mando que os casseiros que moran et moraren daqui endeante ennos ditos casares / que seian liures et quitos et defesos daqui endeante de moyos et pedidos et colleytas et de rolda et barra et peytos et de / todos outros trebutos et outras cousas quaesquer de min o dito Fernan Peres et de meus herdeyros et susçesores que veeren depois / de min segundo que o foron ata aqui et que seian defesos segundo que o son os outros caseiros da iglesia de Mendonedo et tiro toda / uos aos meus herdeiros et susçesores que depois de min vieren que non posan viir contra esta dita minna doaçon en todo nen en parte dello et se o feseren que non valla et demais que qualquer delles dos meus herdeiros ou susçesores que foren do meu linageen que viren contra esto / contra esto (sic) que dito he que ajan a minna maldiçon ata lo seytemo graao. Et para esto que dito he teer e conprir et non yr contra ello reneunçio / et parto de min todas lees et dereytos canonicos et çiuies et muniçipaes foros et husos et custumes et priuilegios et liuerdades scriptas et / non scriptas que eu poderia auer para yr contra esta dita doaçon ou contra parte della eu ou meus herdeiros para enbargalla en / qualquer maneira en juyso ou fora del en todo tenpo mando que me non valla et valla esta carta et quanto se en ella conten et tan/ben renunçio a lee que dis a renunçiaçon geeral non valer. Outrosy dou todo meu libre et conprido poder segundo que o ajo ennos ditos casares / ao dito bispo et cabidoo da iglesia de Mendonedo que por sy meesmos ou por outro ou por outros ou por seu çerto mandado possan entrar et reçeber a po/ssison et jur et propiedade et sennorio dos ditos cassares et hussar deles quando elles queseren et por ben teueren. Et desto que dito he les / mando dar ao dito bispo et cabidoo da iglesia de Mendonedo hua carta ou mais se querer a mays çerta et firme que se sobre esta raçon poder faser / por lo notario et testemoyas subscriptas que foy feyta et outorgada por min o dito Fernan Peres enna Pontedeume seis dias do mes de março anno do nasçemento / de noso Saluador Jesu Cristo de mill et tresentos et noueenta et seis annos. Testemoyas que presentes foron Ruy de Bregonde Afonso de / Perues Afonso de Reçemel ommes do dito Fernan Peres et outros.
Et eu Iohan Sanyoanne clerigo do bispado de Mendonedo notario publico dado por la autoridade apostolical ao que dito he presente fuy con as ditas / testemoyas et este instromento en minna presença fis escriuir et en el puge meu signal que tal he en testemoyo das cousas sobreditas para elo / rogado et requerido. (Signo, na parte inferior lese: Iohannes de Sant Iohan notarius apostolicus).

(Reverso):
M. x. n. 23. Carta dos cassares que Fernando Peres d-Andrade deu aa iglesia de Mendonedo.