GMH/ÍNDICE A-Z

664
1364, marzo, 9. Lugo
O bispo de Lugo adscribe á mestrescolía o casal de Buratai, en Santa María de Bóveda, varias casas en Lugo e outras propiedades en Santiago de Meilán, San Xillao de Bocamaos, San Miguel de Orbazai, Santa María de Adai, Santa María de Ferroi e Santo Estevo de Mota, e fixa determinadas condicións.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 77r; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 71.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, don frey Pedro Lopes da orden dos preygadores, por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, con outorgamento de don Ruy Ferrnandes, dayan, et do cabidoo da nosa iglesia, estando iuntados en cabidoo por campaa taniuda eno coro da dita iglesia, segundo que o avemos de custume, damos et aneyxamos a a dignidade da mestrescolia desta nosa iglesia para senpre, o casal de Buratae, que fuy de Affonso Rodrigues da rua Minaa, que he sub signo de Santa Maria de Bobeda, et a meatade da leyra do Castineyro, que foy do dito Affonso Rodrigues, que ias en dereyto a Porta Nova, et a herdade de Vilamayor de Meylae d’aquel cabo, que fuy do dito Affonso Rodrigues, et a herdade de Vilaçendoe [...] do Castro, que he sub signo de Santiago de Meylae et de San Jullao de Bocamaos, que y avia Tereyia Affonso, muller que fuy de Pedro Lourenço, et [...] que foron de Tereyia Pelaes, sub signos de San Miguel d’Orvaçae et de Santa Maria d’Adae, os quaes ha de teer Gonçalvo Peres en sua vida, et os paços et casas et herdades et moynos et naseyros, que nos compramos et guaanamos de Maria Ferrnandes, muller que fuy de Lopo Garçia de Ferroe, et de Vasco Peres de Rodeyro, ennas fliigregias de Santa Maria de Ferroe et de Santestevoo da Mota, et con as herdades regaengas que nos y avemos, segundo que se agora husan por nos; et estes casares et herdamentos sobreditos son con todas suas pertenenças et dereyturas, casas, arvores et formaes, moynos et naseyros, a montes et a fontes, peru quer que vaan, sacado ende a pousa da Mota que nos ficou do dito Vaasco Peres et os padroadigos das iglesias; outrosy damos et anexamos mays a a dita dignidade huna casa, que esta na çibdade de Lugo, ena rua do Campo, a par da casa grande do canto que he dos aniversarios en que mora Johan Scudeyro, et da outra parte esta outra casa en que mora Afonso Amigo, minos a meatade desta casa sobredita en que mora Afonso Amigo, minos a diçima parte dela; et a meatade d’outra casa que esta na rua da Ferraria en que mora Aras Peres, correeyro, et sua muller, Aldara Aras, as quaes casas foron do dito Affonso Rodrigues; et a quarta d’outra casa que esta na dita rua da Ferraria da outra parte, que foy de Dominga Colodra, en que ora mora Iohan Affonso Buffon; as quaes casas et herdamentos [nos] aneyxamos a a dita dignidade da dita mestrescolia para senpre con tal condiçon que o mestrescola, que for na dita iglesia de Lugo, faça çinquo proçissoes de cada anno para senpre ena dita iglesia de Lugo, conven a saber: a priçiçon de San Pedro de Quadrela, que he no mes de fevereyro; et a priçisson de San Thomas, que he no mes de março; et a priçisson de San Pedro Marter que he no mes de abril; et a priçisson da Traslaçon de San Domingo, que he no mes de mayo; et a priçisson de San Domingo que he no mes d’agosto; et que de et pague por cada procison çinquaenta moravedis, d’oyto soldos o moravedi, que montan dusentos et çinquaenta moravedis, cada anno, et que se partan en esta maneyra: a os que veeren a os matiins a cada huna das festas sobreditas quinse moravedis; et a os que veeren a a proçison viinte et çinquo moravedis, et a os que veeren en outro dia seguente a o aniversarioa da missa [...] et estes moravedis que os pague o mestrescola aquel dia que se feseren as proçissoes et aniversarios sobreditos en fin dos ditos matiins et proçissoes et da misa do aniversario, a os que veeren et esteveren a todas estas oras continuadamente, et non estando a ellas continuadamente que os non conten nen aian delo parte d’aquelas en que non steveren, salvo se alguuns foren doentes ou ouveren taes neçesidades porque y non posan viir, et non pagando asy o mestrescola os ditos moravedis, commo dito he, que lle desconten de cada dia as raçoes que ouver de aver por la mestrescolia et o non conten en elas ata que pagar, et que lle non façan gracia nen entrega d’aquello que lle for descontado quando veer a pagar, et o dayan que for na dita iglesia que o faça assy comprir. Et porque esto seia çerto nos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo rogamos et mandamos a Fernando Garçia, notario publico de Lugo, que fesesse ende esta carta signada con seu signal.

Feyta enno coro da dita iglesia de Lugo, nove dias de março, era de mill et quatroçentos et dous annos.

Testemoyas que foron presentes: don Ruy Ferrnandes, dayan; don Alvar Rodrigues, chantres; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deçon; don Ruy, mestrescola; don Diego Gomes, juys; don Johan Dias, thesoreyro; Thomas Gomes, Fernando Peres, Gonçalvo Eanes, Fernando Aras, coengos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Fernando Garçia, notario publico de Lugo dado por autoridade do bispo dese lugar, a esto presente fuy et a rogo do sobredito sennor obispo et dayam et cabidoo esta carta en minna presença fis scripvir en este livro do cabidoo et puge y meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.

Materias

administración; anexión; aniversario; árbore; arcediago; arquivo; beneficio; bufón; cabido; campá; casas; casas; catedral; chantre; cóengo; cóengo; conto; coro; correeiro; deán; desconto; dignidades; distribución; doente; esposa; esposo; familia; festa; fidalgo; herdanza; horas; leira; licenza; linde; marabedí; mestrescolía; misa; muíño; muller; muralla; notario; padroádego; pagamento; pazo; pesqueira; Porta Nova; pousa; prebenda; procesión; reguengo; rúa; soar; soldo; tenza; tesoureiro; venda; viúva; xuíz; bispo

Persoas

Afonso Amigo; Afonso Bufón; Afonso Rodríguez da Rúa Miñá; Aldara Ares; Álvaro Rodríguez, chantre de Lugo; Ares Pérez, correeiro; Diego Gómez, xuíz de Lugo; Dominga Colodra; Fernando Ares, cóengo de Lugo; Fernando García, notario; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Gonzalo Eanes, cóengo de Lugo; Lopo García de Ferroi; María Fernández, viúva; Roi Afonso, arcediago de Dozón; Roi Fernández, deán de Lugo; Roi González, mestrescola de Lugo; Tareixa Afonso, viúva; Tomé Gómez, cóengo de Lugo; Vasco Pérez de Rodeiro; Vasco Rodríguez, arcediago de Sarria; Xoán Díaz, tesoureiro de Lugo; Xoán Escudeiro; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo

Outros

Lugo, cabido; Lugo, bispado

Lugares

Adai, Santa Mariña; Bocamaos, San Xillan; Bóveda, Santa María; Buratai; Castineiro; Castro; Dozón, arcediagado; Ferroi, Santa María; Lugo; Meilán, Santiago; Mota, Santo Estevo; Orbazai, San Miguel; Rodeiro, antiga xurisdición; Roma; Sarria; Vilaçendoe; Vilamaior