GMH/ÍNDICE A-Z

H40
1435, decembro, 22
Xoán de Ortega afora a dez voces a Lourenzo do Río o Mozo, morador en Piñor, un anaco de monte e unha leira de herdade, coa condición de plantar doce cavaduras de viña en seis anos, por sétima do que poña no monte e sexta da herdade. (fols. 16v-17)

Carta de Lourenço do Rio de Piñor. Feita e dada, notada enno libro manual.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Joan d’Ortega, mestre escola enna iglesia d’Ourense et procurador de meu señor don Diego obispo d’Ourense por poder que del teño, dou et outorgo aforo a vos Lourenço do Ryo
o moço que sondes presente, morador enna aldea de Pyñor, et a dez voses apus voso finamento etç., conben a saber que vos aforo huun pedaço de monte que jaz enno lugar onde chaman as Canabellas et parte de huun cabo con ho outeiro de San Bade et da outra parte con ho outeiro das Canabellas et en çima en viña de Rodrigo do Forno et en baixo enno camiño que vay de Piñor para Parada. Iten vos aforo mays outra leyra derdade (et m)* que jaz aos castineiros de San Bade et parte de huna das partes con a (viña de)* leyra derdade de Mariña, et da outra parte con as Chirichellas, et entesta enno camiño que vay de Pyñor para Parada et da outra parte con herdade (de)* que foy de Gonçalvo Afonso. Aforo vos as ditas duas leiras derdade con todas suas entradas etç. por tal condiçon que ponades das ditas duas leiras derdade (fol. 16v)
derdade doze cabaduras de viña ou mays se mays poderdes poer /et ouver ennas ditas duas leyras derdade\ en estes seys annos primeiros sigentes et labredes et paredes ben et façades (foro de)* da dita leyra das Canabellas foro de setima et da dita leyra de San Bade foro de sesta ao dito señor obispo e a seus suçesores, a qual novidade colleredes por seu mayordomo etç. e daredes a conposta enna viña e o viño branco no lagar etç. e do al de disemo a deus etç. et se quiserdes vender etç. e non faredes manda nen oniversario etç. et seredes vasallo serbente et obediente etç. et se pleyto ou contenda recreçer etç. et se estas condiçoens non conprirdes etç. et obrigo os beens do dito señor obispo etç. Et eu o dito Lourenço do Rio obrigo meus beens etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Pero Gonçalves merqador, Fernando de Sobrado et Rodrigo Lourenço de Pyñor et Joan Fernandes clerigo de Parederrubyas. Feito a XXII dias de desenbro.