GMH/ÍNDICE A-Z

235
1327, novembro, 9
Fernán Pérez e Tareixa Pérez véndenlles a Xoán Martíns e á súa muller unha porción de casa en Suyllay, freguesía de Santiago de Meilán, por 140 soldos.

MADRID, AHN, Carp. 1332 C/17, perg. orixinal, galego, gótica cursiva, 167x144 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Fernan Peres, fillo de Pedro Moordomo, pedreyro, que foy, et de Tereyia Peres, de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos Iohan Martines, correeyro, et a vossa muller Moor Peres, et a vossa voç, todo o meu quinon et voç et dereito que eu aio et devo aaver, por parte deste meu padre sobredito, en una cassa que esta en Suyllay entre outras duas cassas vossas et nossas, a qual cassa esta par da cassa grande que feço Iohan Paes et meu padre Pedro Moordomo, a qual cassa he su signo de Santiago de Meyllay. Et reçebo de vos en preço por esta vençon çent et quarenta soldos desta moneda del rey don Fernando, a quatro dineiros por cada tres soldos, de que soo ben pagado et entrego. Et obligo por min et por todos meus bees mobelles et reys de vos façer senpre esta vençon de pas, et renunçio et prometo en boa fe que nunca contra esta vençom vena por min nen por outren, en iuyço nen fora del por raçon de engano nen de meorydade, nen por outra raçon nehuna que seia. Et se contra ella quisser viir mando et outorgo que me non valla nen seia oydo sobrello, et dessoie mays este dia avedea senpre en pas vos et toda vossa voç pus vos, todo meu poderio et senorio ende seia sacado et removido et metudo nos vossos.

Feyta a carta da vençon nove dias de novembro, era de mill et CCC LXV annos.

Testemoyas: Pedro Eanes, peliteiro; Iohan Rodrigues, beyneiro; Iacome Pellaes, Fernan de Neyra, et outros ts.

Et eu Aras Peres, notario publico de Lugo dado pello bispo desse mesmo lugar, a esta vençon foy pressente et esta carta escrivi et puge y meu signal en testemoyo de verdade. (+).