GMH/ÍNDICE A-Z

178

1421, agosto, 5.
Os representantes das confrarías, dan seguro do diñeiro prestado por Rui Tolán e Fernan Bernáldez con obxecto de presentar ó Rei certos privilexios e cartas de mercede que entendían ganar do mesmo a favor das confrarías e dos moradores da cidade.

Çinquo dias do mes de agosto, este dito dia, estando juntados en cabidõo enno adro da capela de San Fiinz da çidade de Santiago por tanjemento de canpana segundo que han de usso e de custume, Ruy Melide e Juan Afonso de Fajeiras, vigarios da confraria dos çapateiros da dita çidade e Juan Dominges de Reys e Lopo Fernandes e Afonso do Ryo, vigarios e procurador da confraria dos carniçeiros da carniçaria do Vilar e  Roy Fernandes e Ares de Balboa, vigarios dos piliteiros e Gonçalvo Eans da Rua do Canpo, vigario e Afonso Eans, procurador da confraria dos alfayates e Martyn de Vigo e Afonso do Barquo, vigarios e Juan Senmal, procurador da confraria dos ferreiros e Juan de Figueira o Vello, vigario e Afonso do Paaço e Juan das Mariñas, procuradores dos pedreiros e carpenteiros da dita çidade e Juan Agulla, correeiro, que diso que se obligava e obligou por los vigarios e procuradores da confraria dos correeiros que ouvesen o adeante pot firme e estavel so obligaçon de seus bẽes que por elo obligou e Fernan Bernaldes, vigario da confraria de San Savaschaao e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de noso señor el rey enna sua Corte e en todos los seus Reynos e escusador por Ruy Martines, notario publico jurado da dita çidade e dos testemoyas adeante scriptos. Enton os sobreditos vigarios e procuradores e a mayor parte dos confrades das ditas confrarias que ao dito cabidõo e juntamente quiseron viinr (sic), diseron que por quanto eles avyan tomado //
(Fol. 93)
e tomaran a Ruy de Tolan, çapateiro, que presente estava seysçentos e quorenta morabedis, branqua en tress dineiros que diseron que el devya a o conçello da dita çidade do segundo terço deste dito anno da renda que fesera do dito conçello da portajẽe e peso e outrossy tomaran a Fernan Bernaldes çento e çinquoenta morabedis da dita moeda para pago da renda que avia de dar da casa de pescado; os quaes morabedis diseron que fora neçesario de tomar para enbiar a casa de nosso señor el rey sobre rason de çertos priuylegios e cartas de merçed que del entendyan de gaanar e aver para onrra e proveyto das ditas confrarias e vigarios e confrades delas e dos moradores e visiños da dita çidade, e os ditos Ruy de Tolan  e Fernan Bernaldes e cada huun deles se reçeavan que lles non fosen tomados en conta e paga os taes moravedis por los alcalles e regidores e procuradores da dita çidade e queria delo sẽer seguros; por ende que eles, os ditos vigarios e procuradores que presentes eran, por sy e por los outros vigarios das outras confrarias que eran absentes e por los confrades das ditas confrarias suso declaradas e por los que eran absentes se obligaran e obligaron sy e seus bẽes e das ditas confrarias para faser tomar en conta e paga a os ditos Ruy de Tolan  e Fernan Bernaldes os sobreditos moravedis que lles foran tomados segundo que de suso fas mençon dos moravedis que eles e cada uun deles avyan de dar por las ditas rendas ou de os pagar por eles e que se custa ou dapño ou perdida lles sobre ello requisçesen sen que eles e as ditas confrarias e vigarios e confrades delas o susubisen e pagasen e que eles fosen sobre elo creyudos por suas palavras sinples sen outra jura alguna e os ditos Ruy de Tolan  e Fernan Bernales pediron a min o dito notario e escusador testemoyo signado para garda do seu dereito. Esto foy enno dito lugar, anno, dia e mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes: Lourenço do Carral, vigario dos mercadores e Afonso de Soixon e Ruy Gonçales, piliteiros e Johan Franquo, capateiros e Fernan Dominges de Vamela, mercadores e Ruy Peres de Maçarelas e Pero Dominges, çapateiros e Juan de la Choça, sibicheiro e Pero Cervyño, ourives, e Fernan da Torreira, carniçeiro e Ruy de Logrosa, taverneiro e Goter Gomes, escripvan, visiños da dita çidade.
 

Materias

alcume; arcebispo; axudas de custe; branca; cabido; confraría; conta; débeda; diñeiro; escusador; fisco; igrexa; marabedí; obrigación; pagamento; portádego; privilexio; rei; tributo; veciñanza; viaxe; violencia; xurisdición; adro

Persoas

Afonso de Soixón, peliqueiro; Afonso do Barco, vigairo dos ferreiros; Afonso do Pazo, procurador dos pedreiros; Afonso do Río, procurador dos carniceiros; Afonso Eáns, procurador dos xastres; Ares de Balboa, vigairo dos peliqueiros; Fernando Bernaldes, vigairo dos mercadores; Fernando da Torreira, carniceiro; Fernando Domínguez de Bamela, mercador; Fernando Eáns, notario público; Gonzalo Eáns da rúa do Campo, vigairo dos xastres; Guterre Gómez, escribán; Lope Fernández, vigairo dos carniceiros; Lourenzo do Carral, vigairo dos mercadores; Martiño de Vigo, vigairo dos ferreiros; Pedro Cerviño, ourive; Pedro Domínguez, zapateiro; Roi de Logrosa, taberneiro; Roi de Tolán, zapateiro; Roi Fernández, vigairo dos peliqueiros; Roi González, peliqueiro; Roi Martínez de Carballido, notario público; Roi Pérez de Mazarelas, zapateiro; Xoán Afonso de Faxeiras, vigairo dos zapateiros; Xoán Agulla, correeiro; Xoán da Chousa, acibecheiro; Xoán das Mariñas, procurador dos carpinteiros; Xoán de Figueira o vello, vigairo dos pedreiros; Xoán Domínguez de Reis, vigairos dos carniceiros; Xoán Franco, zapateiro; Xoán Senmal, procurador dos ferreiros; Roi de Melide, vigairo dos zapateiros

Outros

Casa da Carnicería; Casa da peixaría; Santiago de Compostela, concello; Santiago de Compostela, igrexa; Confraría de San Sebastián

Lugares

Santiago de Compostela