GMH/ÍNDICE A-Z

21

1417, xaneiro, 4.  
O Concello ordena ó seu procurador que pagase a Pedro Afonso, notario da cidade, 120 maravedís que lle correspondían polo seu salario do oficio de notaría.

Quatro dias do mes de janeiro. Sabean todos que seendo o conçello, justiças et omes bõos et regidores jurados da çidade de Santiago juntados por crida de anafil segundo que han de costume enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario publico da dita çidade, presentes ende Fernand Ares Xarpa et Pero Eanes Abraldes, alcalles et Martin Serpe et Fernan Gonçalves do Preguntoiro, Alvaro Afonso Juliate, Martin Galos, Afonso Fernandes Abril et Juan Ares da Canna, homes bõos jurados et regidores enna dita çidade et en presença de min o dito notario et das testemoyas adeante escriptas, enton o dito conçello et regidores diseron que mandavan et mandaron a Bernald Yanes do Camiño, procurador do dito conçello, que presente era, que dese et pagase a Pero Afonso, notario da dita çidade çento et viiente maravedis, branqua en tres dineiros, que ouvera de aver de seu selario do anno pasado de mill et quatroçentos et des et seys annos por rason do dito seu ofiçio de notaria et que lle seerian reçebidos en conta os ditos maravedis. Testemoyas Ares Chantreiro, Juan Rodriges Alvariño, Afonso Fiel, ourives, et Juan Garçia, canbeador.