GMH/ÍNDICE A-Z

27

1417, febreiro, 22.
 O Bacharel en decretos, Gómez Rodríguez, reclama ó Concello a cantidade que lle debía polos maravedís que el tiña nos marcos que correspondían ó arcebispo, pola mercede deste. O 25 do mesmo mes, recoñece ter recibido a devandita cantidade.

Viiente et dous dias do mes de fevereiro. Sabean todos que seendo o conçello, justiças et regidores jurados et homes bõos da çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil, segundo han de uso et de costume, presentes ende Fernan Aras Xarpa et Pero Yanes Abraldes, justiças da dita çidade et Martin Serpe, Martin Galos, Fernan Gonçalves do Pregontoiro, Juan Ares da Cana, Afonso Fernandes Abril, homes bõos jurados enna dita çidade et en presença de min o dito notario et das testemoyas adeante escriptas enton o dito conçello, justiças diseron que por quanto Gomes Rodriges bachiller en decretos, jurado da dita cibdade, que presente estava, os requirira que lle fesesen pagar os moravedis dos marquos de noso señor o arçobispo que el ten por merçed en cada ũu anno do dito señor et que avia de aver este dito anno, por ende que mandavan et mandaron a Bernald Yanes do Camiño et a Gil Peres, procuradores que presentes estavan que e quaesquer maravedi que por lo dito conçello recabdavan et avian de recabdar en este dito anno que desen et pagasen ende en este mes de março primeiro que ven a o dito Gomes Rodriges ou a aquel que o ouvese de aver por el, os maravedis que asi avia de aver este dito anno dos ditos marquos por vigor da merçed que delo lle fesera o dito señor et que tomasen carta de pago do dito Gomes Rodriges ou de aquel que o por el ouvera de aver et con ela et con este mandado lles seerian reçebidos en conta os ditos maravedis et que mandavan a os ditos procuradores que cada hũu pagase a medade que delles lle coubese a pagar, por maneira que vos cunplisen a dita paga. Testemoyas que a esto foron presentes: Vaasco Gomes de Marçoa et Juan Ares do Vilar et Fernan de San Lourenço et Vaasco Troquo et Juan Duran, vesiños da dita çidade. //  
(Fol. 14 vº)