GMH/ÍNDICE A-Z

66

1418, febreiro, 18.
Gómez Rodríguez, Bacharel en Decretos, xurado da cidade, declara ter recibido do procurador do Concello, 400 maravedís, polo salario anual que ten por axudar ó Concello nos preitos e negocios que lle fosen movidos.

Des e oito dias do mes de febreiro. Sabean quantos esta carta vieren como eu Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, jurado da çidade de Santiago, connosco e outorgo que resçebi de vos Alvaro Gil, canbeador, procurador do Conçello da dita çidade, quatroçentos maravedis, contando blanca a tres dineiros, os quaes maravedis me pagastes en nome do dito Conçello por quanto eu os ouve de aver por rason do salario que do dito conçello teño en cada ũu anno por o ajudar ennos pleitos e negoçios que lle foren movidos e os quaes maravedis que asi ouve de aver do dito salario son do anno pasado que se fiinceu em este mes de febreiro que agora anda e dos quaes ditos maravedis me outorgo por entrego e ben pagado por quanto os ouve ja en meu jur e poder ben e cunplidamente sen mingoa algũa e renunçio a eixençon do aver non dado nen contado nen rescebido nen pagado en presença do notario e testemoyas e a toda outra eixençon que nunca delo diga o contrario. E eu o dito Alvaro Gil que presente sõo por min e en nome do dito conçello asi o reçebo. Feita a carta enna çibdade de Santiago, anno, dia e mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes, Gomes Garçia, notario de dita çibdade e Gil Peres, canbeador e Alonso Peres, escrivan.