GMH/ÍNDICE A-Z

b
febreiro, 25

Os ditos arrendadores e xuíz realizan o embargo na dita aldea de San Cibrao. (fol. 37v)

En este día e ora e por estas enna aldea de San Çibraao, estando y presente Estevo Peres, juis da dita aldea, paresçeu ante el o dito Gonçalvo Migees e presentou o sobre dito mandamento do dito abade e pedio que fesese a dita eysepcuçion en beens do dito Afonso do Eiroo e o dito juis diso que fasia e feso entrega e exsepcuçion en beens do dito Afonso do Eiroo por los mrs. que el devía ao dito abade e ao dito Gonçalvo Migees das alcavalas do anno pasado de XXX III annos que el devía da fieldade que el collera en fieldade e que fose achado por conta çerta que el devía, et que mandava se o dito abade consentise que andasen e se vendesen a seus praseos etç. Tests. Afonso Yanes do Barreo e Joan do Bouteiro e Joan do Curral o moço.