GMH/ÍNDICE A-Z

310

xullo, 5

Diego López, xastre, paga a Pedro Vázquez 100 mrs. en concepto de aluguer durante dez anos do espazo para unha cuba na súa adega, sita na Rúa dos Zapateiros. (fols. 97v-98)

Diego Lopes.Feita e dada.

Et despois desto, Vº dias do mes de jullyo, Diego Lo Pero Vaasques da Rua dos Çapateyros vesiño d’Ourense reçebeu de Diego Lopes alfayate vesiño d’Ourense çen mrs. branca en tres dños., os quaes del reçebeu que lle devia por huna obrigaçon signado do signo de min o dito notario e outorgoulle a obrigaçon en presença de min o notario e tests. de juso escriptas, de que se deu por pago etç., por los quaes ditos çen mrs. lle alugou o sese[go] para huna cuba que leve dez ou dose moyos de lagar enna sua adega da Rua dos Çapateiros en que el mora \deste dia de Santa Oufemea primeiro que ven ata des annos/ por dez mrs. cada huun anno et dous açunbres de viño de cada anno, quando a cubar tever o viño e non tendo viño que día os des mrs. e o viño non, o qual sesego he ao qanto quando omen entra da maao dereyta da trasla porta de medeo, do qual dito segundo dos ditos des annos se outorgou por pago, salvo dos dous açunbres de viño e o dito Pero Vasques que cure a dita ( fol. 97v)
adega por sua custa e do al que o dito Diego Lopes que tiña a dita cuba enna dita adega porlo dito tenpo livre et quite de todo outro trebuto e encarrego algun etç. e obrigou seus beens etç. Penna çen mrs. etç. Tests. Alvaro Afonso rejedor et Pero Carneiro et Ares Fernandes alfayate ao qual lle alu(- - -)