GMH/ÍNDICE A-Z

366

a:
s/d (agosto, 24)

O dito Xoán de Vilarchán, con dous fiadores, obrígase a pagar a Xoán de Santo Antón 870 mrs. que lle debe por unha venda. (fol. 111)

Et logo en este dito día e ora e por estas tests. o dito Joan de Vylarchaan mora asy como devedor prinçipal e Gonçalvo de Seoane e Pero Calbeyro, moradores enna dita aldea de Barbadas, todos tres de man comuun e cada hun porlo todo renunçiando etç. obrigaron sy e todos seus beens de dar et pagar a Joan de Santo Anton, morador enna dita aldea, oytoçentos et seteenta mrs. branca en tres dños., os quaes lle deven por rason da venda que o dito Joan de Santo Anton vendeu ao dito Joan de Vylarchaan dos beens de Afonso Branco et obrigaronse de lle dar os ditos mrs. ameatade delles ata día de Santo Andre et a outra ameatade ata domingo d’Entroydo, primeiros praseos sigentes. Penna dez mrs. etç. Obrigaçon forte e firme etç.