GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1134
1460, febreiro, 4 luns. Lugo

O Cabido de Lugo outórgalle en pensión perpetua a Pedro de San Xulián e á súa muller un terreo edificable na rúa do Campo, freguesía de San Pedro, por renda anual de quince marabedís e a obrigación de construír unha casa.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 16 v.
   

Saban quantos esta carta viren como nos o cabidoo da yglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso probeyto et de nosos suçessores, damos a pension et por nome de pension a vos Pedro de San Jullao, morador que agora sodes en a Proba de Broollon, et a vosa muller, Maria Rodrigues, reçebentes por vos et por vosos erdeyros et subçessores, huna nosa praça de casa que nos oie este dia deu Maria Afonso, muller de Fernan Fole, escudeyro, que ias et he locada en esta çibdade de Lugo en a rua do Canpo açerca da Carniçaria, sub o signo da Capela de San Pedro, et ias en par da huna parte cabo de outra praça de Tereyia Peres de Matela, et da outra parte ias cabo de outra praça da dita Maria Afonso, et topa en a rua publica; a qual dita praça de casa vos damos a pension, segundo dito he, por jur de herdade para senpre con seus saydos et entradas, et agoas vertes et con todos seus dereytos et jures et pertinenças et usos que ha et deve aver de dereyto et de feyto de maneyra que vos, et os que suçederen en ella por vos et en voso lugar, façades casa en a dita praça ata tres anos primeyros, et as posades aver et teer et faser delas et en ellas et da casa que en ella for feyta o que quiserdes ben asi como de vosa cousa propia, salvo que a non posades dar, nen bender a iglesia, nen a moesteyro, nen a outro lugar religioso salvo a a dita yglesia de Lugo, et se a quiserdes bender, ou a casa que en ella for feyta, vos ou vosos suçessor ou suçessores, herdeyro ou erdeyros que suçederen en o dereyto della, a outra persona ou personas que o façades et façan a saber a nos, o dito cabidoo, ou a nosos suçessores primeyramente, donde a avedes et resçebedes, et se o dito cabidoo quiser dar tanto por ella como outro que seiades et seian tiudos de lles la dar. A qual dita praça de casa vos damos et outorgamos a pension, segundo dito he, a tal pleyto et condiçon que façades en ella casa segundo suso se conten; et dedes vos et os ditos vosos erdeyros et subçessores et da dita vosa muller, en cada un ano, de pension por la dita praça et casa que en ella for feyta quinse maravedis de longos por dia de Sant Martino de nobenbre, postos en pas et en salvo en esta dita çiudade de Lugo, en a moneda que se pagaren as rendas do dito cabidoo a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçessores, ou a noso moordomo et colledor das nosas rendas, et çessando vos et a dita vosa muller, ou algun de vos ou os ditos vosos erdeyros et suçessores, de pagar a dita pension por tres anos, que por ese mesmo feyto pergades et pergan a dita praça et casa que en ella for feyta et todo o dereyto que en ella et a ella avedes et ouveren, et se torne a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçessores con todos los boos paramentos que en ellas foren feytos.

Et eu, o dito Pedro de San Gillao, que presente estou asi resçebo de vos, o dito cabidoo, a pension segundo dito he para min et para a dita Maria Rodrigues, mina muller, et de nosos erdeyros et subçessores, que suçederen en o dereyto da dita praça et casa que en ella for feyta, de teer, complir, gardar et pagar todo o suso contiudo segundo et en a maneyra que en esta carta se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et reçebemos a dita vosa obligaçon et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello faser duas cartas por lo notario iuso escripto anbas en un tenor huna para vos, o dito Pedro de San Jullao, et vosa muller et vosos erdeyros et suçessores, et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores, et por mayor firmesa mandamos seellar con noso seelo pendente a carta de vos, o dito Pedro de San Jullao.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo, dia lunes, quatro dias do mes de febreyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta anos.

Testigos que foron presentes: Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Gonçalvo Rodrigues de Piarga, arçediano de Triacastella; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Juan Vidal, Diego Vasques, Lopo Garçia, Juan Ares de Parga, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Martines, canonigos da dita yglesia; et o dito Fernan Folles, et Ares Peres, porteyro do dito cabidoo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con os ditos testigos presente fuy et esta carta por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.