GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1346
1482, xullo, 24 mércores. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Afonso de Malle, á súa muller e a tres voces unha casa na rúa Nova por renda anual de trinta marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1337 nº 6, perg. orix., galego, cortesá, 335 x 325 mm.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que abayxo eran nonbrados, seendo juntados en noso cabildo dentro en a Capela de San Vertolameu, segundo que avemos de uso et de custume, et de consintimento et outorgamento de Juan Fernandes, clerigo do coro da dita iglesia, rendeiro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia, damos en foro et avervo a vos Afonso de Malle, peliteiro, visino da dita çiudade de Lugo, et a vosa muller, Moor Ares, et ha outras tres personas despoys de vos, huna qual nomear o postromeiro de vos en sua vida ou a o tenpo de seu finamento, que seia fillo ou filla que anvos ajades de consun, et non avendo fillo ou filla que seja quen herdar os beens de dereito do postromeyro de vos, et as outras personas asi de grado en grado suçesibemente fasta que seian feneçidas et acavadas as ditas tres personas despoys do postromeyro de vos. Conben a saber que vos aforamos huna nosa casa, que he dos aniversarios da dita iglesia, a qual he sita et locada en esta çiudade de Lugo en a rua Noba sub o signo da Capela de Santiago, a qual dita casa esta junta da huna parte con huna casa que foy de Sancha d’Ousay, muller que foy de Alvaro d’Ousay, en a qual agora mora seu neto, Rodrigo de Soutelo, coreeyro, et da outra parte esta juncta con outra casa, que he dos ditos aniversarios, que agora ten en foro Moor Rodrigues, serventa que foy de Roy Teyxeiro, clerigo do coro da dita iglesia, et topa en a rua publica; a qual casa vos aforamos con suas entradas et saydas et orta et poço et dereyturas et pertenençias, segundo que perteesçe a os ditos aniversarios et a nos por rason deles, a tal pleito et condiçion que vos, o dito Afonso de Malle, et vosa muller et personas a tenades cuberta, valcoada, feita et reparada et dedes dela de foro, en cada un ano, vos et a dita vosa muller et personas depoys de vos trinta maravedis bellos, que tres brancas vellas et un dineiro fazen cada maravedi, en a moeda que se paguaren os outros foros dos ditos aniversarios a o rendeiro et colledor dos ditos aniversarios, ou a quen noso poder ouber para elo, por dia de San Martino de nobenbre, postos en pas et en salvo en esta dita çiudade, et non pagando por dous anos continos o dito foro que por ese mesmo feito pergades et pergan o dito foro et todo o dereito que a el teberdes et teberen, se vos lo quiseren reçeber. Et con condiçion que cada huna das ditas personas, que suçeder en o dito foro despoys de vos, do dia que en el suçeder por foreyra fasta trinta dias logo seguentes nos vena mostrar et insinuar como he persona et foreyra do dito foro, sub pena que se o asi non fezer que por ese mesmo feito perga o dito foro. Et asimesmo vos et a dita vosa muller et personas despoys de vos seredes ovedientes a o dito cabildo et para ven et onrra da dita iglesia de Lugo et cabildo dela, et se vos ou as ditas personas fordes contra a dita iglesia de Lugo ou contra os benefiçiados dela que por ese mesmo feito pergades et pergan o dito foro et todo o dereito que a el teberdes et teberen. Et a finamento da postromeyra persona, que suçeder en este dito foro, que a dita casa fique feita, libre, quita et desenbargada, cuberta, valcoada, sobradada et reparada con todos los boos paramentos que en ela foren feitos a a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela, cuia he.

Et eu, o dito Afonso de Malle, que presente soo por min et por la dita mina muller et personas asi reçebo de vos, os ditos senores do dito cabildo, este dito foro por las maneiras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a todos meus beens, mobles et rayses, et da dita mina muller et personas de o teer et guardar et conprir et pagar et reparar todo asi, segundo arriba se conten.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro anvas en un thenor por lo notario ajuso escripto huna para vos, o dito Afonso de Malle, et vosa muller et personas et outra para nos, o dito cabildo, et por mayor firmeza mandamos seelar con noso selo pendente a carta de vos, o dito Afonso de Malle.

Que foy feita et outorgada en a çiudade de Lugo en o lugar sobredito, quarta feyra, viinte et quatro dias do mes de jullio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et oytenta et dous anos.

Testemoyas que foron presentes a faser outorgar este dito foro: Johan Afonso, chantre; Diego Gomes de Fonteyta, arçidiano de Triacastela; Gomes Ares, thesoreyro; Diego Vasques, Juan Ares, Pedro de Mera, Rodrigo Dias, Afonso Martines, Gomes Fernandes, Loys de Costante, Andres Gomes, el bachiller, Pedro Fernandes de Vilafranca, Vasco Rodrigues, canonigos; Fernan Dianes, Juan Ares, raçioneros; et o dito Juan Fernandes, Alvaro Marino, clerigos do coro da dita iglesia, et outros.

Et eu Afonso Fernandes de San Jullaao, raçioneiro da dita iglesia de Lugo, notario publico por la abtoridad del senor Obispo et iglesia dese lugar et eso mesmo notario dos abtos capitulares do dito cabildo, a todo o que sobredito he presente foy en un con los ditos senores do dito cabildo foy outorgada, en meu registro et protocolo sentey et del este publico instromento saquey et con mina mao propia lo escripvi et en el puje este meu signo et nome acustumados en testimonio de verdade rogado et requerido.