GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1148
1462, xullo, 9. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó clérigo Diego Ares e a dúas voces o casal e herdade de Agronogueiras nas freguesías de Santa María de Ferreira e San Román de Moreda, por renda anual de quince marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 23 r.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de custume dentro en a dita yglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos, avido primeyramente noso acordo et madura dyliberaçion, aforamos et damos aforo et avervo a vos Diego Ares, clerigo reutor da yglesia parrochial de Sant Martyno de Panton, et a outras duas personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tenpo de voso finamento et outra qual nomear aquella persona que por vos for nomeada, et non sendo nomeada persona que seia foreyra do dito foro aquella persona que erdar vosos beens ou a mayor parte delles, et asy da persona que despoys de vos suçeder en o dito foro, o casal et erdades do agro Nugueyra, que he dos aniversarios da dita yglesia de Lugo, con suas erdades et vinas et arbores et formaes, que jasen et son sytos sub o sygno de Santa Maria de Ferreyra et de Sant Romay de Moreda, et sub outro qualquer sygno, que soya labrar et teer en foro Martyno de Agros Nugueyras, a montes et a fontes por onde quer que vaa, a tal pleyto et condiçion que tenades vos et as ditas personas despoys de vos as casas do dito casal levantadas et ben reparadas et as erdades et vinas ben labradas et reparadas, et dedes de foro, en cada un ano, quinse maravedis longos a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios por dia de Sant Martyno de novembre postos en pas et en salvo en esta çibdade de Lugo; et con condiçion que cada huna das ditas personas, que despoys de vos suçederen en o dito foro, nos bena notyficar et ynsinuar como he foreyra del ata trinta dias do dia que en el suçeder por forerya; et a finamento da postremeyra, persona que suçeder en o dito foro, que o dito casal et casas et erdades et vinas et arbores fiquen libres et desenbargadas a nos et a os ditos aniversarios, et ben reparadas et as casas cubertas et ben reparadas con todos los boos paramentos que en elles foren feytos.

Et eu, o dito Diego Ares, que presente soo asy reçebo o dito foro do dito casar de vos, o dito cabidoo, para min et para as ditas personas por los modos et maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de teer conplir et pagar todo o suso contiudo segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello faser duas cartas de foro por lo notario de yuso escripto, anbas en un tenor, huna para vos, o dito Diego Ares, et vosas personas et outra para nos, o dito cabydoo, et nosos suçesores, et por mayor fyrmesa mandamos seellar con noso seello pendente o foro de vos, o dito Diego Ares.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo en a dita yglesia et lugar, dia esta feyra, nove dias do mes de jullio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et dous anos.

Testigos que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Gomes Vaasques, Johan Vidal, Diego Ferrnandes, Lopo Garçia, Rodrigo Afonso das Camoyras et Pedro Ferrnandes de Mera, canonigos da dita yglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido.

Non enpeesca onde vay escripto entre rengloes que dis as, nen a rasura a tal signal que non foy viçio mays error do escrivan.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.