GMH/ÍNDICE A-Z

1217
1472, xuño, 11. Lugo
O arcediago de Dozón afóralles a Lopo Negro e a tres voces todo o que pertence á súa administración nas freguesías de San Pedro de Besteiros e San Xullao de Mourelos, por renda anual de seis moios de viño, un cuarteiro de centeo, 24 marabedís e 100 marabedís por luctuosa.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 53 v.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 53 v.

Saban quantos esta carta de foro viren como eu Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon en a iglesia de Lugo, administrador de Sabynaao et Sardineyra por lo dean et cabildo da dita iglesia, con poderio que dos ditos senores dean et cabildo foy dado para o a juso escripto por lo notario juso escripto, de que eu o dito notario dou fe, vendo et entendendo que esto he prol da dita iglesia et dean et cabildo dela, aforo et dou avervo et aforo a vos Lopo Negro, morador en Sabynaao, por en vosa vida et de outras tres personas depus vos, huna qual vos nomeardes en vida ou a o tempo de voso finamento, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos bees ou a mayor parte deles de dereyto, et asi as outras duas personas seian nomeadas pus aquela huna por la outra ou herdeyra hun d’outra, como dito he. Conven a saber que vos aforamos las herdades et terretorios et vina et arbores, bravas et mansas, que a dita amistraçon ha et lle perteesçen en as fregresias de San Pedro de Beesteyros et de San Jullaao de Mourelos con todos seus reditos et dereyto [...] et pertenenças, entradas et saydas, a tal pleito et condiçon que as partes delas que estan aforadas que tenades et gardedes os foros a os foreyros, salvo que ajades deles os foros et çensos que deven et an de dar de pan et vino et dineyros segundo deron fasta aqui et en seus foros se conten; et as herdades et vinas que estan por aforar que vos las aiades et tomedes et as plantedes de vinas as que foren para elo en tal maneyra que as non aforedes a persona alguna sen liçençia et consyntymento do dito cabildo, et asi mantenades vos et as ditas personas as ditas vinas et herdades et bees rayses et fagades manteer a os foreyros delas labradas, serradas et reparadas do que lles feser mester en tal maneyra que se non vaa a campo nen hermo con mingoa de laborio et reparamento, et mays que qualquer foreyro que [...] foro dos ditos bees et de partes deles que a seu finamento de cada hun fique a loytosa a o dito cabildo et a o amistrador da amistraçon, en seu nome, segundo que a tever; et que vos, o dito Lopo Negro, et as vosas tres personas depus vos diades, cada hun quando falesçer, por loytosa a o dito amiistrador çen maravedis vellos, et avedes de dar de foro dos ditos bees a o dito cabilldo et a min et a os outros amistradores que depoys de min foren en a dita amistraçon vos et as ditas personas seys moyos de vino por lo grande, de seys canados o moyo de vino, linpio, cosido, puro, des dia de San Martyno de nobenbro fasta en todo o mes de janeyro, en cada hun ano, posto en pas et en salvo en a fregresia do dito lugar de Mourelos, do mellor que Deus der en as ditas vinas, et mays [...] quarteyro de boo çenteo de quatro teegas por lo lugar et casar da Pousa que eso mesmo vos aforamos con as ditas herdades et vinas, estas por teega dereyta de Sabinaao, posto en o dito lugar des dia de Santa Maria de agosto fasta en todo mes de setembro, et mays vinte et quatro maravedis de moeda vella por dia de San Martino todo esto [...]; et que vos et as ditas personas seiades serventes et obidientes a a iglesia de Lugo et a min et a os amistradores et amistraçon. Et outrosi que cada persona das tres que depoys de vos susçeder en o dito foro seian tiudas et obligadas do dia que en o dito foro susçederen fasta trinta dias segentes de se viir mostrar a o dito cabildo como he ou son personas do dito foro, su pena de o perder se o asi non feseren; et que a finamento da postrimeyra persona os ditos herdamentos et vinas et herdades et lugar et casar da Pousa fiquen libres et quitos, dereytos et alaborados et ben reparados a o dito cabilldo et a seu amistrador, et con todos los boos paramentos que en eles foren feytos.

Et eu, o dito Lopo Negro, que presente estou asi resçebo este dito foro de vos, o dito arçediano et amistrador, por lo modo et maneyra et condiçones susoditas, et obligo a min et a meus bees et das ditas minas personas de o teermos et atendermos et conplirmos et pagarmos todo asi sen falta alguna.

Et eu, o dito arçediano, asi vos lo outorgo, et mando a o notario juso escripto que vos de et faga delo huna carta de foro forte et firme et a signe de seu signo, et lançe outra en o libro do dito cabilldo.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo en as casas de morada do dito arçediano, onse dias do mes de junyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et setenta et dous anos.

Testigos que foron presentes: Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; et Afonso Ferrnandes, arçepreste de Sabynaao; et Vaasco, vesino de Lugo; et Gonçalvo de Santo Adraao, et Estevo Dourado, et Roy Vaasques de Villarreme, moradores en Sabinaao.

Et eu Pedro Meendes de Foriis, canonigo en a dita iglesia, notario publico por las autoridades apostolica et ordinaria, a todo o susodito en hun con os ditos testigos presente foy et este foro, segundo que por ante min pasou, aqui en este libro do dito cabilldo escripvi et en ela puje meu signo et nome acostumado que tal he en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.