GMH/ÍNDICE A-Z

960
1418, xuño, 2 xoves. Lugo

O Cabido afóralles ó alcalde de Lugo, Xoán de Outeiro, e a dúas voces unha casa situada na rúa de Vermudo Sánchez.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 131 v.- 132 r.


       

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et oyto anos, joves, dous dias do mes de junyo. En a çiudade de Lugo dentro en o coro da iglesia cathedral da iglesia de Santa Maria de Lugo seendo y o chantre, persoas, coengos da dita iglesia de Lugo que de iuso seran nomeados en seu cabidoo por campaa tangida, segundo que an de uso et de custume, con outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo, rendeyro prinçipal dos anyversarios da dita iglesia de Lugo, que estava presente, aforaron a Juan d’Outeyro, alcallde de Lugo, et a outras duas persoas depoys de seu finamento, huna qual el nomease et a outra qual nomease aquela que por el fose nomeada, huna casa que he dos ditos anyversarios que esta en a dita çiudade de Lugo en a rua de Vermun Sanches, en que ora mora Vasco d’Aspay, alfayate, a qual esta junta da huna parte con huna casa en que mora Pedro Ferrnandes Oulives, et da outra parte outra casa en que mora Eynes Gonçalves, muller que foy de Afonso Vasques; a qual dita casa he sub signo da Capela de Santiago, et a qual lle aforamos con todas suas entradas et seydas et jures et agoas vertes, segundo perteesçen a os ditos aniversarios, a a tal pleito et condiçon que el et as ditas persoas teveran [a dita casa feyta] et cuberta et en boo paramento, et ha reparasen et restoyrasen de todo o que lle feser mester; et dese et pagase o dito Juan d’Outeyro et as ditas persoas [que despoys del suçeder] en o dito foro, a o rendeyro prinçipal dos ditos aniversarios, [...] moneda vella et de longos cada ano por dia de San Martino [de novenbro en pas] et en salvo en a dita çiudade de Lugo; et a finamento / da pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que a dita casa ficase feyta et cuberta et erguyda et ben reparada a a dita iglesia de Lugo et anyversarios dela, cuia era, con todos los outros boos paramentos que en ela fosen feytos.

Et eu, o dito Juan d’Outeyro, que presente estava por sy et por las ditas persoas asy reçebeu o dito foro do dito cabidoo, et obligou a sy et a seus bees de o comprir et atender et pagar en todo segundo et en a maneyra que dita he.
Testemoyas que estavan presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre; don Rodrigo Afonso, juys; Lopo Dias, mestrescola; Fernan Rodrigues, Rodrigo Ares, Juan Lopes, Afonso Teyxeyro, Juan Dias, coengos; Fernan Rodrigues, Fernan Ferrnandes, Afonso Rodrigues, Roy Ferrnandes, [raçoeyros]; Afonso Palin, Fernan Yanes, Fernan das Cortinas, Estevo Eanes, Fernan Peres, Gonçalvo Peres, coengos d’aniversario; Rodrigo Yanes, signeyro, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.