GMH/ÍNDICE A-Z

280
1340-1346), xullo, 20
foro

O cabido afóralle ao clérigo Martín Iáñez tres casares na freguesía de Santa María de Torán por terza de pan, viño, liño e legumes, e 6 libras, así como unha porcalla con nove soldos de pan e un almude de viño, e un carneiro con outros tantos soldos de pan e viño por cada casal.

ACOu, Escrituras IV, 27

(...) Suares dayan d’Ourense e o cabidoo desse lugar seendo juntado por canpaan taniuda hu he costume de se o dito (... arçi)diago de Castella teente a renda de Passadam e outorgante, damos a foro a vos Martin Eanes reytor (...) para senpre o nosso lugar de San Fiis que e na friguisia de Santa Maria de Toeran, que son tres (...) a igleia de Soutomayor sigundo que o agora ten o dito arçidiago. Damosvos a foro o dito lugar (...) dereitos e perteenças assi que o tenades e pessuiades e lavredes e paredes ben en guisa que non des(...) moredes os ditos casares e poboedes e mantenades as casas en boon paramento e que os ditos casares (...) en duas ou en tres en guisa que non ande en mays pessonas ca en tres et cada huna (...) tal maneira que se vos ennos ditos casares non fezerdes casas en vossa vida que as ditas vozes que depoys de vossa (...) casar ... que os ditos casares todos tres seian lavrados e poblados, et estas casas que y estan seian (...) e seerdes vos e elles vasalos serventes e obedientes a nos o dito cabidoo e non chamedes vos nen elles outro señorio sobrelo dito lugar e herdade senon nos (...) nen criiedes y fillo nen filla domen fillo dalgo nen doutro omen poderosso et outrossi que pagen loytossa sigundo o costume da terra (...) o dito cabidoo ou ao que tever a dita renda de Passadam por nos a terça parte do pan e do viño e do lino e da ligumea que deus y der, conven (...) enna ayra e o viño no lagar por nosso moordomo, ao qual proveeredes de comer e de bever comunalmente mentre coller (...)amento sobre dito, et non chantedes arvores en lugar hu tollades pam nen viño. Et dardes por dereitura vos e toda vosa (...) dia de San Martiño do mes de novenbro seys libras de brancos da moeda de nosso señor el rey don Affonso (...)ros por tres libras. Et por serviço da dita casar huna porcalla boa con nove soldos para pan e con huun almude (...) de Seoane huun carneiro de cada casar e outros nove soldos para pan e huun almude de boon viño, que son por todo (... po)rcallas e tres carneiros e tres quartas de viño e çinqoeenta e quatro soldos de pam. Et estes diñeiros do serviço (...) moeda sobredita de nosso señor el rey dom Affonso ou a estimaçon dela se outra moeda veer. Et se quiserdes (...) primeiramente devedes vender ou obligar a nos o dito cabidoo ou a cada hun de nos ca a outro polo justo preço (...) reçeber vendudo ou obligado enton vendede ou obligade aa tal pessona que seia semellavil de vos e que (...) pero que non seia vezino de tras muro nen cavalleiro nen donna nen outro omen poderosso nen servo nen moord(...) dito cabidoo e vos ou vossa voz sobrelo dito lugar e erdamento ou sobre parte del que se determine por dous (... pra)zer das partes sen outra apelaçon ninhuna. Et se vos ou vossa voz por non poder ou por non querer ou por outro (...) ditos herdamentos e parar ben e conprir e aguardar as condiçoens desta carta e cada huna delas que nos o (...) reçeber ou aquel que tever a dita renda de Passadan por nos sigundo que os achar. Et nos obligamos os beens da (...) vossa voz seerdes anparado senpre a dereito con o dito lugar e erdamento. Et eu o dito Martin Eanes assy reçebo (... di)to cabidoo, et para lavrar os ditos herdamentos dos ditos casares e parar ben e para manteer e poboar os (...) conprir e aguardar todas las condiçoens desta carta e cada huna delas sigundo sobredito he por min e por todas (...) meus beens gaañados e por gaañar. Feyta a carta en Ourense, viinte dias de julio, era de (...) Tests. Pay Gomes abbade de San Cloyo, Ruy Peres coengo de Mendonedo, Gonçalvo Rella, Johan Garçia (...).

(... A)fonsso Lourenço thesoureyro da igleia d’Ourense e chançeler dessa çidade a esto presente foy (...) en hun tenor partidas por .a.b.c. e en cada huna delas puge meu sinal que tal é.

(sinal)