GMH/ÍNDICE A-Z

288
1347, maio, 5 (Pereiro de Aguiar)

venda

Lourenzo García, escudeiro, morador en Vilaenfesta, freguesía de Santa María de Melias, véndelle a Lopo Rodríguez de Sabadelle 6 libras de diñeiros brancos de foro por un casal en Lamagrande, por 60 libras.

ACOu, Escrituras X, 51



Sabean quantos esta carta viren que eu Lourenço Garçia escudeyro morador en Vilaenfesta, friguesia de Santa Maria de Melees, vendo e logo entrego por esta presente carta para senpre a vos Loppo Rodrigues escudeyro morador en Agiar e todas vosas voses, que vos e todas vosas voses aiades de cada anno en salvo pelo meu casar que eu ey en Lamagrande no qual agora mora Pero Fernandez, e en todas suas perteenças a[s] seys libras de diñeiros brancos da moeda de nosso señor el rey dom Affonso, contados quareenta par de diñeiros por tres libras, por dia de Sant Andre. Vendovos esto que dito he por min e por toda mina voz, assi que vos e toda vosa voz aiades de cada anno en salvo as ditas seys libras pelo dito casar. Ca outorgo e conosco que soon entrego e ben pagado de todo o preço que a min e a vos aprouvo de me por elo dardes, conven a saber sesenta libras da dita moeda. Et de mays outorgo que se veer a tenpo que a dita herdade e casar de Lamagrande danefique en guerra que vos non posades por y aver a dita quantia, que a aiades por toda a herdade que eu ey e me perteeçe en toda a friguesia de San Miguell do Canpo que vos para elo obrigo. Et obrigo todos meus beens gaanados e por gaañar para anparar vos e toda vosa voz con esto que vos vendo. Et quen quer da mina parte ou de estraya que vos contra esta carta e venda que vos eu faço veer en parte ou en todo aia a yra de deus e a miña maldiçon e peite a vos de pena çen mrs. da dita moeda e a parte del rey outros tantos. Et a pena pagada ou non esta carta e venda fique firme e valla para senpre. Feita a carta enno Pereyro, que he en terra d’Agiar, çinqo dias de mayo, era de mill e tresentos e oytenta e çinqo annos. Testemuyas que presentes foron Pay Gomes, Johan Fernandes dito Vermello escudeyros, Gonçalvo Anes moordomo de Belle, criado do prior.

Et eu Garçia Affonso notario publico en terra d’Agiar por nosso señor o arçibispo e igleia de Santiago a esto que sobre dito he presente foy e en miña presença o fige escripvir e meu sinal y fis que he tal en testemuyo de verdade.

(sinal)



[reverso] Carta de Lamagrande.