GMH/ÍNDICE A-Z

34
1433, xuño, 2

Gonçalvo Mascato, barbeiro de Pontevedra, como tutor de María Peres, menor de idade, recoñece que recibiu de Mariña Peres, nai da menor, a parte dos bens mobles que lle correspondian por herdanza do seu pai Domingo Bonome.

(f. 16)

Douss dias do mes de juyo. Sabean todos que eu Gonçalvo Mascato, barveiro, vezino da villa de Pontebedra, que soo presente et que faço, en nome de Maria, menor, filla de Domingo Bonome, forneiro, que Deus perdon, et de sua moller que foy Marina Peres, da qual dita Maria Peres eu soo tutor por carta de tutela dada por Afonso Gago, juis ordenario da villa de Pontebedra, en nome da dita Maria, menor, et en vertude da dita tutela, outorgo et conosco que resçebi de vos a dita Marina Peres, moller que fostes do dito Domingo Bonome, boa conta, çerta, leal et verdadeira por graano et por miudo et por volunta solene de todos los bẽes movles, conven a saber: dineiros, ouro, prata, panos asi de vestir como de cama, et preseas et alfayas de casa, et outros bẽes que foron et ficaron do dito Domingo Bonome et que aa dita Maria perteesçian et perteesçen de aver et herdar por herança do dito seu padre et de todo elo me contestastes et pagastes aa mĩa voontade ben et conpridamente et sen mingoa algũa, et renunçio a lei de non numerata pecunia, et toda outra rason et exençon de quanto eu pudiria ajudar por min et en nome da dita menor para contra esto que dito he viinr, et quero et outorgo que me non valla nen seja sobre elo nen sobre parte del oydo en juiso nen fora del; et por ende, en nome da dita menor et por vertude da dita tutela, dou por livre et quita a vos a dita Mariña Peres, sua madre, et a todos bosos bẽes para todo senpre et de todos los bẽes movles que aa dita menor asi pertesçia et perteesçen de aver et herdar por herança do dito seu padre, por quanto asi en nome dela me contentastes et pagastes et foy ontre min et vos contado et somado hũa cousa por outra, et outorgome de todo elo por bem pago et entrego, et douvos delo por livre et quita et anunçiada para todo senpre et a todos bosos bẽes, et prometo et outorgo de vos non viinr nen pasar contra esta dita nunçon et carta de pago que vos asi dou dos ditos bẽes en nome da dita menor en ningũu tenpo que seja, aa boa fe de Deus et sen mao enganno, et so pena de tres mill maravedis de boa moeda, que outorgo que vos peite por pena et en nome de jur se o asi non tever et conprir et contra elo ver, et a pena pagada ou non, esto como dito he este senpre firme. Et eu a dita Mariña Peres que soo presente, asi o resçebo. Feita a carta na dita villa de Pontebedra, ano, dias, mes sobre ditos. Feita.

Ts. Gonçalvo de Meira, carniçeiro, e Juan Basante, carpinteiro.