GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

242
1328, abril, 8
Fernando Pérez véndelle a Xoán Martíns porcións de dúas leiras e un casal en Santiago de Meilán e San Lourenzo de Albeiros por 70 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 C/21, perg. orix., galego, gótica cursiva, 160x152 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Fernan Peres, fillo de Pedro Moordomo, pedreyro, que foy de Lugo, et de Tareyia Peres, de bom curaçon et de boa voontade, vendo a vos Iohan Martines dito Maçaas, correeyro, et a vossa muller Mayor Peres, todo o meu quinon et dereyto que eu aio ena leyra que vos ora sacastes de monte, que ias tra-la tava et fere de una parte ena leyra de Françisco Martines, notario, et da outra parte fere na leyra de Iohan Domingues, alffayate. Et vendovos mays o meu quinon de una leyra que ias en toxal, et fere de una yllarga ena vosa leyra et da outra ylarga fere en outra leyra deste Iohan Domingues. Outrossy vos vendo mays o meu quinon do cassal que esta cabo a cassa nova que feço Iohan Paes et Dominga Iohanes et Pedro Moordomo, meu padre, que esta a par con a da mallata; os quaes quinoes de leyras et de cassal son su signos de Santiago de Meylay et de San Lourenço d’Alveyros. Et reçebo de vos en preço por estas vençoes seteenta soldos desta moneda del rey don Fernando a quatro dineiros por cada tres soldos, de que soo ben pagado et entrego, et obligo por min et por todos meus bees, mobelles et reys, gaanados et por gaanar, de vos façer senpre esta vençon de pas. Et faço iuramento a os santos evangeos que nunca contra esta vençon vena por min nen por outren, por raçon de engano, nen de meorydade, nen por outra raçon nenhuna que seia. Et desoie mays este dia seia fora do meu iur et do meu poder et metuda nos vossos.

Feyta a carta VIII dias de abril, era de mill et CC LXVI annos.

Testemoyas: Affonso de Moulfe; Pay Martines, correeyro; Affonso Martines, dito Maçaas; Domingo Peres de Pallares, correeyro.

Et eu Aras Peres, notario publico de Lugo, dado pe-llo bispo dese meesmo lugar a esta vençon foy presente et outrosy foy presente quando este Fernan Peres, tangudos os santos evangeos, feço iuramento corporalmente, et esta carta escrivi et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade. (+).