GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

292
1333, xuño, 19
Xoán Fernández, procurador do Cabido de Lugo, solicita do notario Xoán Gómez un traslado dunha carta de partición.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 13r.

Sabeam quantos esta carta viren commo en presença de min Iohan Gonçalves, raçoeyro et notario publico de Lugo, estando enno choro da see de Lugo, Affonso Eanes de Negral, morador enno Campo et Aldara Affonso sua muller, sobre rason do escanbio que fasian con lo cabidoo da dita iglesia, conven a saber por la casa do Canpo que les dava o cabidoo que le davan tres meas casas: huna mea en Burgo Novo, et outra mea enna rua de Coyteleria, et outra mea a a Porta Minaa, sigundo se conten enna carta ençima escripta. Iohan Ferrnandes coengo, procurador do dayam et cabidoo sobreditos, disso a os ditos Affonso Eanes et Aldara Affonso que les dessen as cartas das conpras ou da partiçon que feseron con seus yrmaos por que guaanaron as tres meas casas sobreditas, et los ditos Affonso Eanes et Aldara Affonso mostraron ante min notario huna carta feita por Roy Ferrnandes, notario, et signada de seu signo, la qual carta era de partiçon que feseran entre si Iohan Affonso et Pero Affonso et Tareyia Affonso, et Aldara Affonso, fillos que foron de Affonso Yanes et de Maria Rominna de Canpo, et pidironme que tomasse da dita carta aquelas clausulas por que foran dadas as meas de duas casas, huna en Burgo Novo et outra enna Ferreria, las quaes eles escanbiava con la iglesia de Lugo. Ha qual carta començava assi: «Era de mill et CCCos et LXXI annos, XIXe dias de iunyo. Commo en presença de min Roy Ferrnandes, notario publico de Lugo, et das testemoyas subscriptas speçialmente para esto chamadas et rogadas Iohan Affonso et Pero Affonso et Tareyia Affonso et Aldara Affonso, fillos d’Affonso Yanes do Canpo et de Maria Rominna que foron, presentes Affonso Yanes marido de Aldara Affonso, todos de consuun en concordia feseron entresi tal conposiçon et partiçon dos beens que les perteeçian por parte dos ditos seu padre et madre, de que disian que non feseran eynda partiçon en esa maneira, conven a saber etc...outrossi Aldara Affonso que aia a meatade da casa da rua da Ferraria que se parte con los coengos et con fillos d’Affonso Yanes do canpo, e mays si mays ouveren Affonso Eanes et Maria Rominna, et que aian a meatade da casa de Burgo Novo que se parte con Aldara Eanes da Crus et Tareyia». As quaes clausulas mandoo en este livro. O dito Affonso Eanes deu outra carta feita por lo dito Roy Ferrnandes notario, por que conprara as tres quartas da mea da casa que el dera en escambio commo dito he, et que a outra quarta desta mea disso que a herdara el de parte de seu padre, Johan Peres de [....] obrigava si et seus beens de a faser senpre de pas.

Feyto foy esto X dias de junyo, era de mil et [CCC LXXV annos].

[Testemoyas Arias] Pellaes, thesoreyro; Johan Ferrnandes, coengo, Affonso Yanes, Rodrigo Yanes, clerigos do choro, et outros moytos.

Et yo Johan Gonçalves, raçoeyro et notario, a esto que dito he presente fuy et vi et ley as cartas sobreditas et a pitiçon do dito Johan Ferrnandes torney as clausulas sobreditas aqui en publica forma et pus aqui meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade.