GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

380
1339, xuño, 10. Lugo
O Cabido de Lugo dálle a Domingo Pérez, clérigo do coro, unha casa na rúa do Burgo Novo; este entrégalle a cambio as súas propiedades en San Vicenzo de Betote.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 21v; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 21.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en cabidoo enno choro da dita iglesia de Lugo segundo que avemos d’uso et de custume de façermos cabidoo, con outorgamento dos coengos d’aniversario, da huna parte, et eu Domingo Peres de Betote, clerigo do choro de Lugo, da outra, façemos entre nos tal escanbeo valedeyro para senpre. Conben a saber que nos, cabidoo sobredito, damos en escanbeo para senpre por iur d’erdade a vos, o sobredito Domingo Peres, huna casa que he enna çiudade de Lugo enna rua de Burgo Novo, sub a capella de Santiago de Lugo. A qual casa iaz de huna parte cabo a casa que foy d’Andreu Peres, clerigo, en que ora mora Maria Fernandes, et da outra parte iaz outra casa que foy d’Aras Martines Gascon et de Dominga Miguelles; et vos damos con todas suas dereyturas et pertenenças et entradas et seydas et jures et agoas vertes. Et eu, Domingo Peres, dou et outorgo en escambeo por la dita casa a vos, o sobredito cabidoo, para senpre por iur d’erdade para vos et para vosos suçesores todo quanto herdamento et voz, iglesiario et leygareo, eu aio conprado et gaanado de Domingo Peres et de Marina Eanes, sua muller, en Betote et en todos seus terminos, con huna casa feyta et con hun formal descuberto mays pequeno, et con a quarta d’outros quatro formaes descubertos, et con un plado que perteçe a este herdamento, et con todas suas dereyturas et pertenenças, casas, arvores et formaes, a monte et a fonte, per hu quer que vaan, sub signo de San Viçenço de Betote. Et este herdamento sobredito vos dou en escanbea a a tal raçon conven a saber que eu, o dito Domingo Peres, aio a teer por en todos meus dias o dito herdamento, et dar cada anno por dia de San Johan Bautista por foro et en reconoçemento a vos o dito cabidoo et aniversarios desa iglesia, dez soldos desta moeda del rey don Afonso, que façen quatro dineyros novees tres soldos, ou d’outra moeda que os valla. Et a tempo de meu finamento que vos fique o dito herdamento livre et quito et desenbargado. Et a dita casa que me dades en escanbeo devo a husar en meus dias asi commo de mina, et a tenpo de meu finamento que fique a mina voz para senpre por iur d’erdade, et a vos, o cabidoo sobredito, o dito herdamento para vos et para vosos suçesores, et que vos o cabidoo me façades por mina alma hun aniversario.

Et nos as ditas partes outorgamos esto que dito he, et obligamos nosos bees para nos façermos de paz huuns a outros estes escanbeos que nos damos por nos et por nosos suçesores. Et logo por esta carta nos entregamos no iur et na posison et propiedade cada huuns de nos da dita casa et herdamento que nos damos en escanbeo huuns a outros commo dito he, et todo aquel poderio et senorio que nos avemos nos ditos escanbeos que nos damos huuns a outros ende seia sacado et removudo et posto enno outro para façer del toda sua voontade asi commo de seu propio, salvo que eu Domingo Peres aio de teer o dito herdamento en meus dias commo dito he. Et por que esto seia çerto et non vena en dulta nos as ditas partes rogamos a Roy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese d’esto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra, huna que posese no livro do cabidoo signada de seu signal, et outra que dese a min, o dito Domingo Peres, signada de seu signal et seellada con seello do cabidoo.

Que foron feytas en Lugo enno choro da dita iglesia, dez dias de junyo, era de mill et treçentos et seteenta et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Diaz, archidiago de Sarrea; don Aras Pellaes, thesoreyro; Andres Peres, Fernan Affonso, coengos de Lugo; Affonso Eanes, Johan Gutierres, et Johan Fernandes, raçoeyros de Lugo; Pedro Miguelles, Johan Peres, Affonso Ianeyro, Affonso Eanes, Jacome Afonso, Fernan Eanes et Gomes Fernandes, Jacome Eanes, clerigo de San Salvador de Sarrea, Johan de Lovea, coengos d’aniversario; Rodrigo Eanes, Fernan Afonso, clerigos do coro de Lugo; Fernan Affonso escrivan testemonias et outros.

Et eu Roy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he con as testemoias chamado et rogado presente foy, et a rogo das partes sobreditas esta carta en este livro do cabidoo en mina presença fis escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.