GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

105
1315, abril, 5
venda

Fernando Martínez véndelles a Gonzalo Martínez e á súa muller, Xoana Núñez, unha leira de viña en Vilanova (freguesía de San Miguel de Souto), foreira de terza ao bispo, por 350 mrs. de moeda portuguesa.



ACOu, Bispo, 32

Enno nomme de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren que eu Fernan Martines morador en Penna Igleia, presente e outorgante mina moller Maria Peres, por min e por toda mina voz vendo e entrego per esta carta a vos Gonçalvo Martines fillo de Gonçalvo Martines que foy d’Ourense e a vossa esposa Johanna Nunez e a toda vossa voz para senpre huna leyra de viña que eu aio en termio de Vilanova na fiigrisia de Sam Miguel de Souto enno lugar que chaman Pereyro, a qual leyra iaz entre a leyra de Martin Migues da huna parte e a leyra de Johan Fernandes da outra, et ençima entesta enna leyra de Domingo Eanes e en fondo fer enna leyra de Lourenço Domingues de Vilanova. Vendo a vos a dita leyra con entradas e saydas e con todos seus dereitos e perteenças de foro de terça ao bispo d’Ourense e livre e quite de todo outro enbargo. Que vos e toda vosa voz aiades e pessoyades a leyra sobre dita en jur de herdade para senpre e façades della vossa voontade livremente e o que vos aprouver. Ca outorgo que reçebi de vos por ella bem e conpridamente todo o preço que a min e a vos aprouvo, conven a saber trezentos e çinqoeenta mor. da moeda portuguesa de que contan xvi pares de dineiros novos por tres mor. Et logo todo jur, voz, señorio, possissom, propiedade e dereito que eu ey na leyra sobredita todo o tollo de min e de toda miña voz e meto e poño vos e toda vossa voz en corporal possissom dela para senpre per esta carta. Et outorgo a anparar senpre vos e toda vossa voz a dereito con a leyra sobredita per min e per todos meus beens gaanados e por gaanar. Et quen quer que contra esta carta veer aia a yra de deus e a miña maldiçon e quanto demandar peyteo a vos e a vossa voz doblado e aa voz del rey de pena c mor. da boa moeda e esta carta fique sempre firme. Feyta a carta en Ourense, çinqo dias dabril, era de mill e cccliii annos. Tests. que foron presentes Affonsso Viviaez coengo d’Ourense, Fernan Domingues çidadao desse lugar, Gomez Eanes da Torre, Lourenço Eanes alfffayate omme do dito Afonso Viviaez.

Et eu Gomez Fernandes notario d’Ourense por lo bispo e por la igleia dessa çidade que a esto presente foy e o fis escrivir e meu sinal y puge que e tal en testimunyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta por que Fernan Martines de Vilanova vendeo esta viña a Johana Nunes, a qual iaz en Vilanova eno lugar que chaman o Pereiro.