GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

391
1374, xaneiro, 22
foro

Os clérigos do coro afóranlles a catro voces a Pedro Afonso, tendeiro, e á súa muller, Eufemia Iáñez, unha viña en Sesnande, foreira de quinta á Trindade, por 25 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 69

Sabean quantos esta carta viren que nos Johan Eanes e Affonso Peres capellaes da capela de Santa Ouffemea da çidade d’Ourense, et eu o dito Roy Peres capellan assy commo procurador de Fernan Perez reytor da igleia da santa Triindade da dita çidade d’Ourense, et eu Gomes Gerra dobreiro da dita igleia d’Ourense, et eu Gonçalvo das Herdas, et eu Johan Clerigo, et eu Pero Anes clerigo reytor da igleia de San Martiño de Loyro, et eu Affonso Fernandez clerigos do coro da dita igleia d’Ourense, et eu Pero Vidal clerigo do dito coro et moordomo da universidade dos clerigos do coro da dita igleia d’Ourense que somos presentes por nos e em nomme da dita universidade por los quaes obrigamos os beens da dita universidade dos ditos clerigos para faser outorgar este afforamento e ho aver por firme aa dita universidade e non viir contra ello. Et por que cremos e somos çertos que he prol et boon paramento da dita universidade, damos e outorgamos a foro a vos Pero Affonso tendeyro morador em Ourense enna rua das Tendas que sodes presente et a vossa moller Ouffemea Anes que non he presente et a quatro voses apus morte do pustrimeiro de vos, que seia a primeira vos qual o pustrimeiro de vos nomear a tenpo de vosso finamento et se vos non nomeardes sigundo dito he que seia voz aquel que de dereito herdar os outros vosos beens et que essa voz nomee as outras tres voses suçesive, huna leyra de viña que nos a dita unyversidade avemos em termio de Sesnande, a qual parte de huun cabo con outra viña de Aldonça Affonso moller que foy de Lourenço Anes de Santa Crus et do outro cabo parte doutra viña de Johan Ares da rua dos Çapateiros et do outro cabo parte doutra viña de Afonso Carvon et doutro cabo parte doutra viña de Pero Fernandes escripvan morador em Penna Vigia, a qual viña que vos afforamos he della de disemo a deus e della de foro de quinta a igleia de Santa Triindade da çidade d’Ourense. Afforamos vos a dita viña por lo dito tenpo con suas figueyras e arvores e con suas entradas e seidas e perteenças por tal condiçon que a lavredes e paredes bem vos e a dita vossa moller e as ditas vosas voses en maneira que non desffalesca por mingoa de lavor e de boon paramento, et façades dela daquelo que he de foro o dito foro de quinta aa dita igleia da Triindade, et dedes ende de foro de toda a dita viña em cada huun anno em paz e em salvo a nos a dita unyversidade viinte e çinqo libras de diñeiros brancos ou a estimaçom delas enna moeda que correr por dia de Santa Maria dagosto, et ha aiades do al de disemo a deus e livre e quite de todo outro enbargo. Et se vos ou a dita vossa moller ou cada huna das ditas vossas vozes quiserdes vender, deytar ou supiñorar a dita viña ou parte della que primeiramente frontedes con ela aa dita unyversidade et nos la dedes porlo justo preço ante ca a outro alguun, et se a nos non quisermos sigundo dito he que estonçe a vendades, deytedes ou supiñoredes a atal pessoa pessoa que seia vosa semellavil que lavre e page e cunpra e agarde esto que sobre dito he, e obrigamos a vos todos los beens da dita unyversidade dos ditos clerigos para vos anparar e deffender a paz e a salvo a dereito con esto que vos afforamos enno dito tenpo. Et eu o dito Pero Affonso que soon presente por min e em nomme da dita miña moller que non he presente e en nome das ditas nosas vozes assy reçebo de vos os sobre ditos a dita viña afforada por lo tenpo e foro e condiçoens sobre ditas, et para lavrar e pagar e conprir e agardar esto que sobre dito he e as condiçoens desta carta, obrigo a vos todos meus beens movelles e reyses gaañados e por gaañar. Posto foy e outorgado ontre las ditas partes que qual quer delas que contra esto passar et ho assy non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar quisser por nomme de penna çem mor. de diñeiros brancos et a penna pagada ou non que esta carta e afforamento valla e fique firme enno dito tenpo. Et desto os sobre ditos clerigos em nomme da dita unyversidade e para ella et o dito Pero Affonso por sy e en nomme da dita sua moller e das ditas suas voses pediron a min notario que lles desse senllas cartas em huun tenor para garda de seu dereito. Feyta a carta em Ourense, viinte e dous dias de janeiro, era de mill e quatroçentos e dose annos. Testimunyas que a esto foron presentes Roy de Montes visiño d’Ourense e Gonçalvo Lamela escudeiro de Johan Peres de Novoa, et Garçia Fernandes lumynario de Santa Maria a Nova da dita igleia d’Ourense e outros.

Et eu Roy Gonçalves notario publico da çidade d’Ourense por lo bispo e por la igleia dese lugar que a esto presente foi et en miña presença o fiz escripvir e en esta carta que dello dey ao dito Pero Affonso meu nome e meu signal puge en testemonyo de verdade que tal he.

(sinal)



Et depois desto enna era sobre dita, quarta feira, dose dias do mes de abril, en presença de min o dito Roi Gonçalves notario e das testemunyas adeante escritas, estando en Ourense en çima da igleia cathedral de San Martiño perante don Joan Fernandes arçidiago de Castella enna dita igleia e vigario geeral do onrrado padre e señor don Iohan Garçia Manrique por la graça de deus obispo d’Ourense, Martin Anes clerigo do dito coro da igleia d’Ourense e Gonçalvo Anes clerigo no dito coro diseron que outorgavan e outorgaron este aforamento e carta del e todo o que en ella he contiudo e que o davan en todo por firme e por valedeiro segundo que era feito. Et desto o dito Pero Afonso pedío a min notario testemunyo publico, et por que he verdade eu o dito Roi Gonçalves notario escripvi aqui meu nome. Testemunyas frey Iohan monge do mosteiro de Montederramo e Gonçalvo Martines ourives e Gonçalvo Rodrigues da rua das Chousas e Lopo Suares moradores en Ourense e Afonso Anes de Seixalvo e outros.

Eu Roy Gonçalves notario sobre dito foi presente e o escripvy.



[reverso] Carta de Pero Afonso tendeiro do aforamento da viña de Sesnande.

Materias

abade; alcuma; árbore; arcediago; bispo; branca; cabaleiro; cabido; canon foral; capela; catedral; chousa; cisterciense; confraría; coro; crego; cruz; décimos; diñeiros; dobreiro; escribán; escudeiro; esposa; esposo; familia; festa; fidalgo; froiteira; libra; linde; luminario; marabedí; monxe; mordomo; mosteiro; mosteiro; muller; notario; obrigación; orde do Císter; ourive; párroco; pedimento; pena; procurador; provisor; rúa; rúa; tendeiro; tributos; vigairo; viña; viúva; zapateiro; capelán

Persoas

Afonso Carbón, mercador; Afonso Eáns de Seixalbo; Afonso Fernández, crego do coro de Ourense; Afonso Pérez, capelán; Aldonza Afonso, viúva; Eufemia Eáns; Fernando Pérez, párroco; frei Xoán, monxe; García Fernández, luminario; Gómez Guerra, dobreiro de Ourense; Gonzalo das Herdas, crego do coro de Ourense; Gonzalo Eáns, crego do coro de Ourense; Gonzalo Lamela; Gonzalo Martínez, ourive; Gonzalo Rodríguez da rúa das Chousas; Lopo Suárez; Lourenzo Eáns de Santa Cruz; Martiño Eáns, crego do coro de Ourense; Pedro Afonso, tendeiro; Pedro Eáns, párroco; Pedro Fernández, escribán; Pedro Vidal, crego do coro de Ourense; Roi de Montes; Roi González, notario; Roi González, notario; Roi Pérez, capelán; Xoán Ares, da rúa dos Zapateiros; Xoán Domínguez, dito clérigo; Xoán Fernández, arcediago de Castela; Xoán García Manrique, bispo de Ourense; Xoán Pérez de Novoa, cabaleiro; Xoán Eáns, capelán

Outros

Ourense, cabido; Santa María de Montederramo, mosteiro; Santísima Trindade de Ourense, abadía; Ourense, bispado

Lugares

Castela, arcediagado; Loiro; Montederramo, mosteiro; Ourense; Santa Cruz; Seixalbo; Sesnande