GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

218

abril, 28

Venda dunha casa coa súa corte, en Seixalbo, feita a Gonzalo de Deza e á súa muller Elvira Fernández, moradores nesa aldea, por 330 mrs. e á igrexa de Seixalbo o foro de 2 mrs. (fol. 71)

Feita e dada. Carta de venda de Gonçalvo de Deça.

Sabean quantos esta carta de venda viren como nos (- - -) moller do dito (- - -) Gonçalvo Yanes vendemos firmemente e logo por esta presente carta entrego a vos Gonçalvo de Deça que sondes presente e a vosa moller Elvira Fernandes que non he presente, moradores enna dita aldea de Seixalvo, por lo tenpo e voses que a nos teemos que a nos teemos, conben a saber que vos vendemos huna casa con huna corte que esta enna dita aldea de Seixalvo, e parte de huna das partes con outra vosa casa et da outra parte con outra casa de Gonçalvo Martines et teen as portas enna dita rua de Seixalvo (- - -) do çeo a terra. Vendemos vos as ditas casas con todas suas entradas etç. e por lo tenpo e voses que as nos teemos, por tal condiçon que diedes e pagedes por elas de foro en cada huun anno Affonso Fernandes clerigo capelan de Seixalvo e aos outros capelaans que foren da dita igleia de Seixalvo dous mrs. de dños. brancos de dez dños. cada moravedi de cada anno por día de San Martiño e do al vendemos voslas de disemo a deus por preço de tresentos et triinta mrs. de moeda contando branca en tres dños. et se mays val en pura doaçon voslo damos etç. et logo todo jur, dereito etç. e por esta presente carta etç. et obrigamos os beens que a nos son obrigados etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Joan do Bouteiro et Gonçalvo Martines do Paaço, Rodrigo Fernandes criado de min o dito notario.
Feita na dita aldea de Seixalvo XXVIII de abril do dito anno. (fol. 71)