GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

A9
1379(?), xaneiro, 7
García Pérez de Ribela, escudeiro, afora a dúas voces a Pedro Gómez e a súa muller a ermida de San Xurxo coa súa herdade, por 12 mrs. a el en vida e cuarta de pan e viño e certa cantidade de diñeiro aos seus herdeiros. (fol. 6v)
VII dias do mes de janeiro. Sabean etç. que eu Garçia Peres de Ribela, escudeiro morador enna See, dou a foro a vos Pero Gomes morador en Casanova et a vosa moller Dominga Anes que non he presente e a duas voses apus morte do pustrimeiro de vos, huna pus outra suçesive, a hermida de San Jurgo con sua herdade, asi como a vos o dito Pero Gomes de min teedes, por tal pleito e condiçon que vos e vosa moller e vosas voses que o lavredes etç. en maneira que non defalesca etç. et que mantenades a dita hermida enno revor en que esta et que dedes ende a min /en miña vida\ (ou a miña vos de)* dose mrs. de dños. brancos de X dños. o mr. cada anno por dia de nathal et depois de miña morte daredes a miña vos a quarta do pan e de viño que deus y der et duas (...) et mea por
o dito dia de nathal por las outras cousas que (...) deus y der, et obligo meus beens etç. Et eu o dito Pero (...) que soon presente por min e por la dita miña moller que non he (...) et por as ditas duas voses asi reçebo de vos o dito (...) hermida e herdade dela aforadas porla maneira (...) et para lavrar e parar et pagar e conprir et (...) e cada huna delas (...) (fol. 6v)