GMH/ÍNDICE A-Z

1200
1471, marzo, 2. Lugo
O Cabido de Lugo arréndalle ó chantre, durante a súa vida, a administración de marzo no Incio, A Somoza e O Mao por renda anual de 2.500 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 43 r.

 
Sepan quantos esta carta de arrendamento et poder viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabilldo chamados per son de canpana, segundo que avemos de uso et de custume arrendamos a vos Juan Afonso, chantre en a dita iglesia, a nosa administraçon do mes de março que he en terras do Inço et da Somoça et do Maao da diocesis de Lugo, a qual dita renda vos fasemos et outorgamos do dia de San Johan Baptista primeiro que berna por en toda vosa vida con todos los dineyros et maravedis de procuraçoos et pan et vino et casares de casas et rendas et foros et çensos et trebutos et dereytos et dereyturas, touçinos et disimos et oytabos et loytosas et sacrileios et outros elmenençiones et emolumentos quaesquer et en qualquer maneyra a ela et a nos por rason dela debidos et perteesçentes et perteesçer debentes; por la qual renda da dita admistraçon nos avedes a dar et pagar, cada ano, ou a o noso mayordomo et destribuydor das nosas rendas et admistraçoes, dous mill et quinentos maravedis de curtos et que os paguedes a os cartos do ano, segundo que se pagan as outras amistraçoes, so pena que non pagando vos do dia da conta feyta ata nobe dias primeyros seguentes cada et quando que vos et os fiadores, que dedes por la dita renda, seiades postos en desconto de vosas prebendas, et durante o tempo da dita renda fasemos et costituymosvos noso vicario general en o espiritual et temporal en toda a dita nosa amistraçon et con poder de colar et presentar, et con poder de visitar et provar et pagar et corregir et emendar et castigar et prender os clerigos da dita admistraçon, ou qualquer deles, que con dereyto achardes que deben ser punidos et privados, corregidos et emendados, castigados et presos; et pasar et conosçer pleytos eclesiasticos, matrimoniales et cibiis et spirituales de aquellas que nos de dereyto, ou de costume, podemos oyr et librar et conosçer, et con toda outra jurdiçion espiritual et temporal que a nos pertesçe et perteesçer debe en a dita admistraçon, ou en outra qualquer parte por cabsa dela, et con poder de sustituyr outro ou outros en voso lugar.

Et eu o dito Johan Afonso, chantre sobredito, que presente son asy resçebo a dita renda da dita admistraçon en a maneyra sobredita et con as condiçoes et por la dita contia et tempo et preçio sobreditos de vos, o dito cabildo, et obligo a mi et a meus bees, eclisiasticos et seglares, mobeles et rayzes, presentes et futuros, de o complir et pagar en todo segundo et en a maneyra que en esta carta de arrendamento et poder de [...] se conten. Et nos, o dito cabildo, asi vos la outorgamos. Et porque seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que faça delo duas cartas de arrendamiento et poder et as signe de seu signo huna para vos, o dito chantre, et a outra para nos, o dito cabildo.

Que foy feyta et outorgada en a dita çibdade de Lugo dentro en o dito thesouro da dita iglesia, a dous dias do mes de março, ano do nasçemiento do noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et setenta et hun anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron ho sobredito: don Alvaro Dias, arçediano de Sarrea, et don Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; et Diego Vasques, et Juan Ares de Parga, et Simon Alvares, et Pedro de Mera, et Roy Dias de Freyxo, et Gomes Ares, et Afonso de Galdo, canonigos; et Roy Peres, et Pedro Ferrnandes das Camoyras, et Juan Ares, et Fernando Yanes, raçoeyros, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo o que sobredito he con os ditos testigos presente foy et esta carta de arrendamento, obligaçion et constituyçon de vicaria por outro en mina presençia fise escripvir et en mina nota et registro ha sentey, segundo ante mi pasou et foy outorgado por las ditas partes, et por ende fis aqui este meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade rogado et requerido. Non enpesca donde bay escripto sobre raydo que dis presentes que asy ha de diser.